DERRADEIRO BIS EN CATRO-CORENTA

DERRADEIRO BIS EN CATRO-CORENTA

Editorial:
REDELIBROS
Año de edición:
Materia
MODERNA Y ACTUAL
ISBN:
978-84-943412-5-0
Páginas:
162
Encuadernación:
Rústica
Disponibilidad:
Agotado

18,00 €

Cincuenta anos dan para moito no mundo das verbenas. Todas as historias que nel foron e serán non se poderían contar co limitado tempo de vida dun ser humano. Tampouco os desacougos, os infortunios, o insomnio e os milleiros de quilómetros ás costas se poderían narrar con xustiza nun feixe de páxinas. Derradeiro bis en catro-corenta é unha ficción feita con retallos de realidade. Esta novela combina as visións e as vidas de múltiples personaxes involucrados no tecido do ocio estival galego, desde o músico que ollou ao longo dos últimos cincuenta anos a auxe e a decadencia das verbenas, até o cantante de moda, que sae á escena acelerado pola cocaína. Ás veces os cadros son crus, ás veces, desacougantes, surrealistas por momentos. Algúns mesmo nos fan sorrir, case sempre amargamente. Todos os personaxes e historias deste crebacabezas son pura ficción, malia que moitos dos que vivimos as interminábeis noites de verán e os amañeceres na estrada, rumbo a outro lugar, nos veremos reflexados, cando menos, nalgún momento.

Otros libros del autor