Este Congreso foi organizado para contribuír á transformación social adecuándose aos novos valores e retos –a convivencia, a igualdade, a sustentabilidade, a diversidade e o carácter inclusivo– e aspirando a realizar unha posta en común da situación actual e dos problemas do teatro galego, en confronto con outros modelos internacionais de creación, produción, xestión e distribución. As achegas ao Congreso, que aquí se presentan, pretenden contribuír á transformación da nosa contorna inmediata e daquelas sociedades que desexaren considerar este proxecto que nace coa vontade de servir de guía para profesionais, xestores e público co 2030 no horizonte.