DIAS EN CUBA

DIAS EN CUBA. TRINTA ANOS EN CUBA CULTURA GALEGA

Editorial:
GALAXIA
Año de edición:
ISBN:
978-84-9865-523-0
Páginas:
412
Encuadernación:
Rústica
Colección:
MEMORIA
Disponibilidad:
Consulte previamente la disponibilidad

30,10 €

Cincuenta anos despois da súa primeira chegada á illa, Xosé Neira Vilas volve a aqueles Días de Cuba desde a lembranza. Viaxaba entón na compaña de Anisia Miranda. Neste libro, que publica Editorial Galaxia, o autor de Memorias dun neno labrego evoca aquel "fervoroso tramo" da súa existencia.
De 1961 a 1992, Xosé Neira Vilas reside en Cuba. Trinta e un anos vividos día a día, intensamente, procurando achegar o seu modesto gran de area ao erguemento dunha nova sociedade e á construción dun novo Estado, dúas empresas que nas circunstancias históricas e incluso xeográficas daquela illa só podían levarse a cabo con moito fervor e tenacidade. Nestas páxinas, as lembranzas cubanas artéllanse arredor de catro eixos.
O primeiro destes eixos narrativos está dedicado aos diferentes labores profesionais desenvolvidos polo escritor; desde alfabetizador e xornalista a tradutor e sindicalista, de miliciano a alumno e mestre. O segundo ordena o relato destas lembranzas polas súas relacións de amizade con, entre outros, escritores coma Nicolás Guillén, Alejo Carpentier e Roberto Fernández Retamar.
O terceiro foco artéllase a partir das "Cartas (máis ou menos intemporais) a Luís Seoane", mentres que o cuarto dá paso aos «Homes na Historia»: José Martí, Ernesto Che Guevara e Fidel Castro. Péchase o libro cos apartados de "agradecemento a Cuba" e cos discursos do escritor na Universidade da Habana e na de Santiago de Compostela, o primeiro con motivo do seu doutoramento Honoris Causa e este último no acto da súa condecoración coa medalla Alejo Carpentier da República de Cuba.

Otros libros del autor

  • XOSE NEIRA VILAS.VIDA E OBRA.CONTOS VELLOS PARA RAPACES NOVOS.
    Titulo del libro
    XOSE NEIRA VILAS.VIDA E OBRA.CONTOS VELLOS PARA RAPACES NOVOS.
    XOSE NEIRA VILAS
    Consulte previamente la disponibilidad

    15,00 €

  • OLLADAS NO CAMIÑO
    Titulo del libro
    OLLADAS NO CAMIÑO
    XOSÉ NEIRA VILAS
    Consulte previamente la disponibilidad

    15,00 €

  • GALICIA, NOSA LEDICIA
    Titulo del libro
    GALICIA, NOSA LEDICIA
    XOSÉ NEIRA VILAS
    Autor: Neira Vilas, XoséColección: Fora de colecciónIlustrador: Dani Viéitez e Iria IglesiasFormato: 21 x 29 cmEdici...
    Consulte previamente la disponibilidad

    20,00 €

  • ROMARÍA DE HISTORIAS
    Titulo del libro
    ROMARÍA DE HISTORIAS
    XOSÉ NEIRA VILAS
    Que temos residido nela, ou nela están os nosos ancestros. Nas nosas vilas e cidades queda moito do mundo rural. Alg...
    RECÍBELO EN 48H

    16,45 €

  • SEMENTE GALEGA EN AMÉRICA
    Titulo del libro
    SEMENTE GALEGA EN AMÉRICA
    XOSÉ NEIRA VILAS
    Consulte previamente la disponibilidad

    25,00 €