DISPARO

DISPARO

Editorial:
EMBORA
Año de edición:
Materia
MODERNA Y ACTUAL
ISBN:
978-84-16456-26-0
Páginas:
119
Encuadernación:
Rústica
Disponibilidad:
Disponible en 5 días

15,00 €


Autor: Canosa Blanco, María
Colección: Narrativa
Formato: 13 x 21 cm
Edición: Abril, 2016
Idioma: galego
Páxinas: 120
Encuadernación: rústica
ISBN: 978-84-16456-26-0

Un disparo produce un ruído tan enxordecedor que pode provocar reaccións inesperadas nas persoas. Bloquéaas, petrifícaas co medo, fainas botar a correr... Son imprevisibles. As detonacións que mudan a vontade non só saen das armas de fogo: un accidente, un desamor, un desafiuzamento,... o paro. A fortaleza de cada un non só se precisa para superar o contratempo. É imprescindible tamén sortear as miradas dos demais e a incomprensión.

DisParo é o retrato dunha desas burbullas que nacen cos atrancos, nas que a óptica do mundo muda completamente en función do lado que nos toque en sorte ocupar.


Sobre esa masa silandeira

Estréase a escritora e enxeñeira ceense María Canosa como narradora para adultos cun libro que reflexiona sobre as vivencias do desemprego, as frustracións e as rutinas que este carrexa



Hai moito nestas páxinas de quen a escribe: unha enxeñeira de camiños, devota lectora, atenta aos detalles, consciente de que ás veces as olladas poden dicir máis cousas que as palabras, vai atopar na escrita certo acougo para revelar en primeira persoa, coma se se tratase dun longo monólogo coa aparencia dun diario, as súas propias vivencias e sentimentos que son, pola sensibilidade con que se contan, compartidas coas persoas ás que se lles tronza a vida ao perderen o traballo.
A protagonista coida, día e noite, unha filla nos seus primeiros meses de vida pero, loxicamente, iso non o é todo e sente como aos poucos a asolaga a sensación frustrante de non atopar o seu sitio: non atopalo porque a sociedade teima en invisibilizar o problema e porque, malia loitar con todas as forzas, a solución non se albisca no horizonte.

DisParo é, aínda, máis cousas pois transmite limpa e honestamente o desacougo que se xera na protagonista ao non sentirse de ningures ao que se engade, mesmo, a sensación de ser estranxeira -lingüística- na súa patria. O libro é unha detonación dirixida ao noso tempo e a súa onda expansiva debería, cando menos, facernos reparar na invisibilidade desa masa silandeira e vulnerable que tantas veces ignoramos.

«DISPARO»

NOVELA. María Canosa. Embora. 120 páginas. 15 euros

La Voz de Galicia
Ramón Nicolás

Otros libros del autor

  • A FOTOGRAFÍA 51
    Titulo del libro
    A FOTOGRAFÍA 51
    MARÍA CANOSA
    A descuberta da estrutura do ADN ten tanto valor que outorgou un premio Nobel a James Watson e Francis Crick por log...
    Disponible en 5 días

    15,00 €

  • CANDO CAE A LUZ
    Titulo del libro
    CANDO CAE A LUZ
    MARIA CANOSA
    «Moitas veces ouvín dicir que os lobos non atacan as persoas. E isto non é certo», así dicía Ánxel Fole. Claro que, ...
    Disponible en 5 días

    13,00 €

  • VAGALUME DE VERSOS
    Titulo del libro
    VAGALUME DE VERSOS
    MARIA CANOSA
    Nas noites de verán, un dos espectáculos máis fermosos, ademais do ceo claro e estrelado, é ver os puntos de luz que...
    RECÍBELO EN 72H

    11,90 €

  • ANA XA CHEGOU
    Titulo del libro
    ANA XA CHEGOU
    MARIA CANOSA
    A chegada dun novo membro a un fogar sempre é unha auténtica revolución. Iso foi o que aconteceu cando Ana decidiu l...
    Descatalogado

    7,50 €

  • DRUIDAS
    Titulo del libro
    DRUIDAS
    MARÍA CANOSA
    Autor: Canosa Blanco, MaríaColección: O GloboIlustrador: Noemí LópezFormato: 13x20 cmEdición: 2014Idioma: galegoPáxi...
    RECÍBELO EN 72H

    10,00 €