DIVÁN

DIVÁN. ANTOLOXÍA

Editorial:
RINOCERONTE
Año de edición:
Materia
MODERNA Y ACTUAL
ISBN:
978-84-17388-09-6
Páginas:
210
Encuadernación:
Rústica
Disponibilidad:
RECÍBELO EN 72H

18,00 €
Comprar

TRADUCIÓN DO TURCO, INTRODUCIÓN E NOTAS DE SULEYMAN MATOS BUGALLO

Yunus Emre foi un poeta turco que viviu en Anatolia entre os séculos XIII e XIV. Os seus poemas, inicialmente redactados para seren cantados, están considerados como unha das primeiras mostras de literatura en lingua turca en Anatolia. A súa proximidade ao turco falado polas clases populares e o seu carácter espiritual, ligado ao sufismo islámico tan arraigado na heterodoxia das xentes de Anatolia, fixo estes poemas enormemente populares xa na súa época. Mesmo hoxe en día son considerados como un trazo de identidade de pobo turco e estudados amplamente por moitos eruditos. É mostra da importancia que se lle outorga neste país o feito de que o goberno turco fundara en 2007 o Yunus Emre Enstitüsü para promocionar a lingua e a cultura turca de maneira semellante ó labor realizada polo Instituto Cervantes e o Goethe Institut.

Para esta tradución escollemos 101 poemas de entre os admitidos por Abdülbaki Gölpinarli, xa que este autor é unanimemente recoñecido como unha das maiores autoridades sobre Yunus Emre no século XX e un pioneiro no estudio da súa obra.



ISBN:978-84-17388-09-6
Nº páxinas: 210
Encadernación: Rústica con lapelas
Medidas: 145 x 220 mm