DVD 10 DE MARZO

DVD 10 DE MARZO

Editorial:
AUTOR EDITOR
Disponibilidad:
Consulte previamente la disponibilidad

15,00 €
Comprar

A raíz da negociación do convenio da Bazán Ferrol, milleiros de traballadores do estaleiro saen en manifestación a mañá do 10 de marzo do 1972 polo centro da cidade. En plena ditadura, a Policía Armada intenta interceptar a marcha e, ante a resistencia dos obreiros, dispara sobre a manifestación, co resultado de ducias de feridos de bala e dous traballadores mortos: Daniel Niebla e Amador Rey.

O filme aborda todo o proceso de penetración das comisións obreiras e do partido comunista dentro do estaleiro Bazán, as tensións na negociación do convenio, os acontecementos dos días 9 e 10 de marzo e a súa repercusión internacional, e mais o chamado “Proceso dos 23”, no que os principais dirixentes obreiros foron xulgados tres anos máis tarde.

Mergullando o espectador nun relato trepidante e emotivo, 10 de marzo reconstrúe a través de entrevistas cos protagonistas, materias de arquivo audiovisual inédito e ficcións de época, uns feitos que supuxeron un punto de inflexión na sociedade galega no seu enfrontamento coa ditadura.

Roi Cagiao (Vigo). Humorista gráfico e cineasta. Codirixiu xunto a Fernando Llor a longametraxe documental O meu nome é Luís 'Ferreiro' (2010) sobre o movemento antifranquista en Galicia. Dirixiu e guionizou o filme Vigo 1972, finalista nos Premios Mestre Mateo 2017 na categoría de Mellor Documental.