Autor: Yazidi, Bechir
Colección: Punto de investigación
Formato: 15 x 21,5
Edición: 2008
Idioma: castellano
Páginas: 160
Encuadernación: rústica
ISBN: 978-84-95460-83-7
Una parte del exilio repúblicano español fué acogido en Tunez, en una iniciativa casi olvidada y, desde luego, desconocida para una buena parte de los españoles
El mar Mediterráneo favorecio historicamente no solo los intercambios comerciales, sino también la conexión del pensamiento y las culturas...
Unha parte do exilio republicano español foi acollido en Tunisia, nunha iniciativa hoxe case esquecida e, desde logo, descoñecida para boa parte dos españois. O mar Mediterráneo favoreceu historicamente non só os intercambios comerciais, senón tamén a conexión do pensamento e as culturas. A baixa intensidade das actuais relacións entre España e Tunisia non é fácil de explicar. As nosas diferenzas idiomáticas, relixiosas e étnicas non son maiores que as que no pasado foron incapaces de levantar barreiras entre os pobos mediterráneos. Este libro, froito dun rigoroso traballo de investigación, quere servir de agradecemento á xenerosa hospitalidade dos tunisianos cos exiliados españois, unha xenerosidade moi meritoria por canto naqueles anos do século XX a poboación tunisiana tiña os seus propios e moi graves problemas. Ás mercancías pode porse prezo. Unha palmada solidaria, un paquete de comida arroxado ao paso dun convoi militar, un berro de ánimo, son xestos impagables