ELIPSIS E OUTRAS SOMBRAS

ELIPSIS E OUTRAS SOMBRAS

Editorial:
XERAIS
Año de edición:
ISBN:
978-84-7507-907-3
Páginas:
112
Encuadernación:
Rústica
Disponibilidad:
RECÍBELO EN 72H

13,50 €
Comprar

Aparece en 1974 Elipsis e outras sombras, libro ó que lle faltaba o seu conto señor e principal «Elipsis», por motivos que o propio Ferrín non podía explicar nos avisos a aquela primeira edición, e ós que si se refire claramente no aviso á segunda, de 1983: «Esta edición inclúe o conto que dá título ao libro e que fora tachado con grosas aspas de lapis vermello na primeira edición». A censura actuaba no final do franquismo, xa un réxime en descomposición, coa mesma dureza que nas décadas anteriores.
A edición completa, que hoxe presentamos revisada polo autor, constitúena oito relatos: «Prólogo. Impunidade» mais seis contos mais «Epílogo. Ditadura das cousas». O primeiro relato fainos ver a continuidade ideolóxica entre un usureiro vi1ego ignorante e reaccionario, e o seu fillo, señorito en Santiago e Madrid, que participará, realizándose plenamente como asasino fascista, nas matanzas posteriores ó levantamento militar de 1936. O último conto transmítenos a voz dunha muller burguesa que, mentres critica o exceso de atención á realidade por parte dos progresistas, pretende coñecer a verdade espiritual e non cesa un momento de aconsellar o consumo de miles productos, para finalmente declarar o seu enorme interés polo producto rei da sociedade que adora: o diñeiro.
Os seis relatos centrais, empezando por Elipsis», son seis variacións sobre un mesmo tema: a loita de clases. Clases que case sempre aparecen configuradas como castes, unhas mantedoras e outras sufridoras de sistemas de producción e maquinarias represivas que reducen ó ser humano á condición de animal inferior, atrapado en tradicións, en ritos, en labirintos deseñados dende o poder para perpetuarse. Nesta dinámica de represión e resistencia, os oprimidos viven instalados na derrota coma unha condena perpetua. Non obstante a vinganza e o triunfo, como en «Elipsis», pode chegar algún día, no remate dun ciclo, para quen conserva o cerne da súa identidade intacto.

Otros libros del autor

  • ANTÓN E OS INOCENTES
    Titulo del libro
    ANTÓN E OS INOCENTES
    MÉNDEZ FERRÍN, X. L.
    Aparecida por primeira vez en 1976, a novela Antón e os inocentes segue a nos interpelar na contemporaneidade. Unha ...
    Disponible en 5 días

    19,95 €

  • CON PÓLVORA E MAGNOLIAS
    Titulo del libro
    CON PÓLVORA E MAGNOLIAS
    MÉNDEZ FERRÍN, X. L.
    Con pólvora e magnolias (1976) é unha referencia obrigada na lírica contemporánea. Unha certa perspectiva histórica ...
    RECÍBELO EN 72H

    11,95 €

  • ARNOIA, ARNOIA
    Titulo del libro
    ARNOIA, ARNOIA
    MÉNDEZ FERRÍN, X. L.
    En Arnoia, Arnoia Nmógadah, un dos príncipes Segredos das terras de Arnoia vese preso e forzado ao exilio polo pobo ...
    RECÍBELO EN 72H

    13,50 €

  • O CREPÚSCULO E AS FORMIGAS
    Titulo del libro
    O CREPÚSCULO E AS FORMIGAS
    MÉNDEZ FERRÍN, X. L.
    É o intre do crepúsculo. Agora é cando morre a lus e os perfiles das cousas deixan de ser concretos.Achego a miña ca...
    RECÍBELO EN 72H

    20,50 €

  • ARRAIANOS
    Titulo del libro
    ARRAIANOS
    MÉNDEZ FERRÍN, X. L.
    A lectura de Arraianos ponnos a ollada e a imaxinación sobre un territorio, nas concas do Limia e do Arnoia, contra ...
    RECÍBELO EN 72H

    20,50 €