EN CADEA SEN PRIJON CANCIONEIRO DE ALFONSO PAEZ

EN CADEA SEN PRIJON CANCIONEIRO DE ALFONSO PAEZ. FERROL POESIA GALEGA POSTROBADORESCA 1380-1430

Editorial:
XUNTA DE GALICIA
Año de edición:
Materia
POESÍA GALEGA
ISBN:
978-84-453-5072-0
Páginas:
208
Encuadernación:
Rústica
Disponibilidad:
Disponible en 5 días

15,00 €

En cadea sen prijon: Cancioneiro de Afonso Paes. Poesía galega postrobadoresca (1380-1430 ca.) / Edición e estudo: Henrique Monteagudo

Sinopse

Estudo do profesor Henrique Monteagudo dun conxunto de composicións poéticas en galego do século XV, descubertas nas partes posteriores (verso) de diversas escrituras notariais do ano 1434. Trátase de versos escritos ou copiados probablemente por un escribán ou un axudante seu da zona de Ferrol, probablemente nos comezos do segundo terzo do século XV, que reutilizou con este fin as partes non escritas dun caderno de notas ou minutas da escribanía. É poesía galega inédita dunha época ata agora só coñecida polas copias doutras composicións feitas por copistas casteláns (Cancioneiro de Baena), que descoñecián a lingua galega e transcribiron erroneamente moitas palabras.
Temas:
Arquivos, Bibliotecas, Museos, Libro, Bibliografía, Documentación, Prensa

??
O
século XIII foi o do esplendor lírico do idioma galego, do que nos quedou
garrida mostra nos cancioneiros trobadorescos galego-portugueses. As déca-
das finais do século XIV e iniciais do XV coñecerían un modesto florece-
mento da chamada escola galego-castelá. Ata o de agora supúñase que a definitiva
decadencia poética do galego, que se desenvolveu en relación inversa co de emerxen-
cia do castelán, viñera da man da obsolescencia da poesía lírica que recuaba paseniño
ante a nova moda da poesía recitada (o
dezir
).
E de súpeto, unha inesperada revelación: un manuscrito poético en galego, con-
tendo vinte e tres poemas, copiado por volta de 1433-34, que recentemente tivemos
a fortuna de exhumar grazas á xenerosidade de dona Pilar Iglesias (a súa propietaria)
e mais de Dolores Pereira e Gabriel Quiroga (os arquiveiros que o descubriron). Uns
poemas sorprendentes en primeiro lugar pola lingua —un galego cunha pegada moi
limitada do influxo castelán—, pero tamén polo ámbito de produción —a propia
Galicia— e a autoría presumible destes textos. Por parte, chama a atención o carácter
das composicións: non son cantigas, senón
dizeres
, isto é, non son composicións
musicadas, senón recitativas.
O groso do seu corpo vén constituído por poesía amatoria, do estilo da
cantiga de
amor
trobadoresca. Pero tamén contén unha insólita composición piadosa bastante
extensa (cento tres versos) e unha mostra de poesía burlesca que evoca as
cantigas de
escarnio e maldizer
. E aínda unha mostra de debate poético, unha
pergunta
de Afon-
so Paez ou Perez e a correspondente
resposta
de Joan Garcia. Coidamos que o con-
xunto dos textos forman parte dun cancioneiro de autor que nos chegou en estadio
fragmentario. Atribuímolo ao dito Afonso Paez ou Perez, aínda que tamén podería ser
atribuído a Joan Garcia, e incluso podería ser doutro autor (ou doutros autores).
A datación dos textos entre as décadas finais do século XIV e as primeiras do XV vén
asegurada pola data dos instrumentos notariais que os acompañan (1433-34) e pola
proximidade en temas e formas á poesía da escola galego-castelá e polo propio estadio
lingüístico dos poemas.
A subscrición dos documentos notariais por Lopo Garcia de Toar, “escribán del
Rei e o seu notario público na vila de Ferrol” e a referencia nunha nota marxinal a un
moyto honrado señor Diego de Andrade
convidan a situar nesa área a copia do manus-
crito. A mención dun señor da casa de Andrade resulta extremadamente suxestivo,
tendo en conta o pulo desa liñaxe desde a metade do século XIV e ao longo de todo
o XV, un pulo político e social pero tamén cultural. Coas súas irregularidades, os poe-
mas teñen a aparencia de obras experimentais. Semellan indicar que o outono poéti-
co do galego medieval non só foi máis tardío do que supuñamos, senón tamén máis
rico e creativo. En todo caso, o alcance da súa importancia non se limita á historia
literaria galega, mais atinxe o conxunto da historia literaria peninsular.
Ofrecemos unha pequena mostra do manuscrito cunha presada de imaxes e de textos
en edición crítica. Unhas e outros están extractados do volume
En cadea sen prijon. Can-cioneiro de Afonso Paez
,