ENDEREZO DESCOÑECIDO

ENDEREZO DESCOÑECIDO

Editorial:
XERAIS
Año de edición:
Materia
MODERNA Y ACTUAL
ISBN:
978-84-9782-605-1
Páginas:
72
Encuadernación:
RÚSTICA
Colección:
NARRATIVA
Disponibilidad:
RECÍBELO EN 72H

14,50 €
Comprar

Cando Enderezo descoñecido se publicou por primeira vez en 1938 causou gran sensación pola crueza coa que expoñía diante da opinión pública norteamericana o veleno do nazismo dende os seus inicios. Axiña obtivo vendas espectaculares e foi editada en Inglaterra e traducida a outras linguas, sendo considerada como unha obra perfecta. En 1939, a traducción holandesa desapareceu das librerías e, coincidindo coa ocupación nazi, a única presencia da novela en Europa foi na lista de libros prohibidos do Reichskommisar. A historia permaneceu descoñecida no continente durante sesenta anos máis, malia o impacto e o gran éxito que acadara nos Estados Unidos e Inglaterra. Trala súa reedición en 1995, para conmemorar o cincuenta aniversario da liberación dos campos de concentración, chegou ás mans de Henri Dougier, o editor francés da revista Autrement, quen decidiu publicala convencido da súa importancia para as víctimas do nazismo e para toda a comunidade europea. A partir de entón, a novela foi traducida ao italiano, hebreo, alemán, grego, noruegués, sueco, danés, portugués, español e catalán. Agora, Xerais ofrécea en edición galega, traducida por Emma Lázare Rodríguez.
Escrita en forma epistolar pola norteamericana Kressman Taylor, Enderezo descoñecido conta a sorprendente historia de dous amigos e socios propietarios dunha galería de arte en California, Max Eisenstein, xudeu estadounidense, e Martin Schulse, alemán, que retorna ao seu país en 1932, coincidindo co ascenso do partido nazi. Esta obra, breve e intensa, representa un dos máis estarrecedores alegatos contra o nazismo, cuxo rostro perverso se nos fai patente ao longo da correspondencia entre os dous personaxes. Aclamada pola crítica de todo o mundo, foi considerada polo The New York Times Book Review como "a denuncia máis efectiva que se pode facer contra o nazismo en literatura de ficción. É a perfección mesma".

Otros libros del autor

  • ENDEREZO DESCOÑECIDO
    Titulo del libro
    ENDEREZO DESCOÑECIDO
    TAYLOR, KRESSMAN
    "Enderezo descoñecido" conta a sorprendente historia de dous amigos e socios propietarios dunha galería de arte en C...
    RECÍBELO EN 72H

    13,95 €