ENTRE FRONTEIRAS

ENTRE FRONTEIRAS

Editorial:
GALAXIA
Año de edición:
Materia
MODERNA Y ACTUAL
ISBN:
978-84-8288-667-1
Páginas:
348
Encuadernación:
RÚSTICA
Disponibilidad:
RECÍBELO EN 72H

18,50 €
Comprar

A nova novela de Xavier Alcalá forma parte dun proxecto narrativo centrado na historia nunca contada das comunidades evanxélicas en Galicia. Entre fronteiras narra a historia dunha represión. Partindo de feitos reais, a novela de Alcalá achéganos á verdade a través da ficción. As consecuencias de vivir cunhas conviccións relixiosas diferentes e as vicisitudes que o contexto histórico impón aos evanxélicos en Galicia constitúen a materia prima da triloxía «Evanxélica memoria», iniciada coa novela que agora se publica. Entre fronteiras supón un esforzo narrativo singular. A historia que conta Xavier Alcalá nesta novela comeza durante o reinado de Alfonso XIII e chega á Guerra Civil. As circunstancias e os personaxes son retratados coa exactitude dun escribán de xulgado e o pulso firme e apaixonante dunha narración que flúe dun xeito imparable. A base documental da novela está tomada directamente das conversas que o autor mantivo con membros da comunidade evanxélica en Galicia: os seus testemuños axudaron a Alcalá a tecer un relato de ficción narrativamente verosímil, amais de apaixonante polo que ten de historia vivida. Xavier Alcalá descobre unha parte ata o de agora descoñecida da nosa historia. O autor anuncia a continuación desta epopea do noso tempo noutras dúas novelas máis, Nas catacumbas e Unha falsa luz. Cada unha das partes da triloxía pódese ler de xeito independente, xa que abranguen distintos períodos da historia recente: a Guerra Civil, a posguerra e o franquismo ata a morte do ditador.

Otros libros del autor

  • THE MAKING OF
    Titulo del libro
    THE MAKING OF
    ALCALA NAVARRO, XAVIER
    Un innominado escritor de profesión allea á literaria recibe dun compañeiro de traballo a petición de que investigue...
    RECÍBELO EN 72H

    24,50 €

  • OFERTA ARXENTINA
    Titulo del libro
    OFERTA ARXENTINA
    ALCALÁ NAVARRO, XAVIER
    Inclúe os libros: Latitude Austral Viaxes no país de Elal Nos pagos de Huinca Loo ...
    Disponible en 5 días

    15,50 €

  • OFERTA EVANXÉLICA MEMORIA
    Titulo del libro
    OFERTA EVANXÉLICA MEMORIA
    ALCALÁ NAVARRO, XAVIER
    Inclúe os libros: Entre fronteiras (978-84-8288-667-1), Nas catacumbas (978-84-8288-802-6) e Unha falsa luz (978-84-...
    Agotado

    20,20 €

  • LATITUDE AUSTRAL
    Titulo del libro
    LATITUDE AUSTRAL
    ALCALÁ NAVARRO, XAVIER
    Desde o subtrópico ás illas veciñas da Antártida, e durante as décadas da chamada conquista interior dun dos grandes...
    Disponible en 5 días

    13,00 €

  • CÓDIGO MORSE
    Titulo del libro
    CÓDIGO MORSE
    ALCALÁ NAVARRO, XAVIER
    Nesta novela, Xavier Alcalá adéntrase con habelencia e eficacia de gran narrador nun relato de vida de pazo e aventu...
    Disponible en 5 días

    23,75 €