ESCRITORES MINDONIENSES AUTORES DE MONDOÑEDO

ESCRITORES MINDONIENSES AUTORES DE MONDOÑEDO. SOCIEDAD CULTURAL VALLE-INCLAN

Editorial:
SOCIEDAD CULTURAL VALLE-INCLÁN
Año de edición:
Materia
ESTUDIOS LITERARIOS
ISBN:
978-84-86046-92-7
Páginas:
168
Encuadernación:
RÚSTICA
Colección:
ENSAIO
Disponibilidad:
En stock

11,00 €
Comprar

ARMANDO REQUEIXO: ESCRITORES MINDONIENSES
ESCRITORES MINDONIENSES
É certo que non sempre coinciden, nos nomes e, moito menos, nos méritos, os que contan a Historia cós que a fan e a sofren. Un tópico, sen dúbida, que o Premio Nobel de Literatura, o admirado escritor portugués Saramago, logrou actualizar coma unha reflexión transcendente para o home de hoxe coa súa sinxela e marabillosa confesión de sentirse máis próximo destes ca dos primeiros, dos humildes que sofren ca dos grandes que triunfan. Pero a historia non é só acontecer, é tamén relato, memoria de feitos e acontecemenmtos. E lembra-lo pasado é un xeito de vivi-la historia, é un modo de recupera-la razón do noso presente, é unha actualización esperanzada dun futuro soñado. E en canto somos fillos dela, da historia, dun xeito semellante a como somos fillos duns pais determinados e membros dunha familia concreta, contala ou escribila é, á vez, un modo de afirmación de nós mesmos. A súa memoria racha os témeros silencios do esquecemento. ¡Canta nobreza nos que saben estar ó lado dos que a sofren! Pero ¡canta tristeza produce o silenzo dos que a descoñecen! O xove profesor e investigador Armando Requeixo, con ese rigor que caracteriza tódolos seus traballos de inquedo intelectual, ergueu a súa voz e berrou os nomes e a obra daqueles escritores mindonienses, "de berce ou de corazón", que fixeron e fan posible escoitar con orgullo o nome de Mondoñedo. A el, pola súa mesma especialidade de lingüísta e literato, importábanlle sobre todo aqueles que, facendo da palabra un instrumento de progreso, colaboraron ó engrandecemento e orgullo dun pobo perdido no fondal dun dos máis fermosos vales de Galicia. Non nos importa roubarlle ó propio autor unha das súas atinadas citas: "cando un pobo -escribe Luis Álvarez Pousa- ten ese destino, o de ser berce para creadores e personaxes que realimentan a fantasía popular desde a xenerosidade coas xentes do traballo, na taberna ou nos velorios, polas estreitas rúas dunha cidade enmeigada polos ventos familiares que van desde a Corda á Serra de Meira, non ten volta de folla: é un pobo predestinado." Armando Requeixo é, neste seu novo traballo Escritores mindonienses -colección Ensaio da Sociedade de Cultura Valle-Inclán de Ferrol- a voz de todos eles. Unha voz que, como con acerto adianta o ilustre prologuista deste libro, Francisco Fernández del Riego, "plasma unha concepción do mundo galego desde a vella cidade episcopal". Son, de certo, creadores coma Cunqueiro, Noriega Varela, Leiras Pulpeiro ou Marina Mayoral, ensaístas e estudosos coma o Licenciado Molina, Villaamil y Castro, González-Seco Seoane ou Xosé María Díaz Fernández, os que elevan a un pobo como Mondoñedo á categoría de cidade privilexiada. Pero é o seu conxunto, unha nómina dun longo centenar de ilustres figuras das letras e das ciencias, o que fai de Mondoñedo unha fermosísima metáfora da Galicia eterna. Coma pórtico, un fermoso prólogo de Francisco Fernández del Riego. Introduce o estudo dos autores, organizados en dous apartados diferentes -"Creadores literarios" e "Ensaístas e estudiosos non creadores literarios"- e da súa obra, algunhas reflexións do autor sobre "xeoliteratura e mindonicidade". Unha ampla táboa bibliográfica, dous apéndices -"Prensa mindoniense" e "Antoloxía de textos"- e un índice onomástico pechan o libro. Todo un agasallo para os cobizosos dos segredos que agocha o pasado da vila de Mondoñedo!! M. QUINTÁNS S.
Publicado por Manuel Quintáns Suárez en 10:10
Armando Requeixo Cuba, nado en Mondoñedo o 14 de xuño de 1971, é un escritor e crítico literario galego.

Índice

1 Traxectoria
2 Obras
2.1 Ensaio
2.2 Edicións
2.3 Traducións
2.4 Obras colectivas
3 Premios
4 Notas
5 Véxase tamén
5.1 Ligazóns externas

Traxectoria

Exerceu como profesor de Lingua e Literatura Galega no Ensino Medio, tendo desempeñado tamén labores docentes no Departamento de Filoloxía Galega da Universidade de Santiago de Compostela. Na actualidade é investigador no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

O 28 de febreiro de 2014 defendeu a súa tese de doutoramento, A poesía en galego de Xosé María Díaz Castro: Estudo e edición crítica, dirixida por Carmen Blanco e Claudio Rodríguez Fer[1].

Ensaísta e tradutor, é membro da Asociación de Escritores en Lingua Galega, da Sección de Crítica desta, da Asociación Española de Críticos Literarios e o PEN Clube de Galicia. Recibiu varias distincións polo seu labor como crítico, investigador e tradutor literario.

Colabora como comentarista habitual na revista Tempos Novos e o seu suplemento de libros ProTexta. As súas recensións aparecen publicadas nos xornais do Grupo Editorial Prensa Ibérica (Faro de Vigo, La Opinión (A Coruña)) e do Grupo La Capital (El Ideal Gallego, Diario de Ferrol, Diario de Arousa, Diario de Bergantiños). Tamén colabora cos medios dixitais Galicia Confidencial e Praza Pública, a emisora Ames Radio e a revista Criaturas.

Dende febreiro de 2011 mantén na Rede o blog Criticalia, onde dá cabida a recensións de novidades editoriais ao tempo que achega reflexións sobre diversas cuestións relacionadas coa literatura galega.
Obras
Ensaio

Ánxel Fole. Aproximación temática á súa obra narrativa en galego, 1996, Edicións do Cumio.
Escritores mindonienses, 1998, Sociedad de Cultura Valle-Inclán e Concello de Mondoñedo.
Criticalia, 2011, Sotelo Blanco.
Xosé Díaz Jácome, poeta e xornalista, 2011, Fundación Novacaixagalicia/El Progreso.
Xosé María Díaz Castro. Vida e obra, 2013, Galaxia.

Edicións

Esmoriz, de Aníbal Otero, coeditor, 1994, Sotelo Blanco.
A soldadeira, de Luís Seoane, coeditor, 1996, Edicións do Castro.
Obra galega completa, de Ánxel Fole, ao coidado linguístico, 1997, Galaxia.
Poesía galega, de Eduardo Lence-Santar, coeditor, 1999, Follas Novas.
Primeiras cantigas do amor, de Xosé Díaz Xácome, (coeditor), 1999, Follas Novas.
Etnografía mindoniense, de Eduardo Lence-Santar, (editor), 2000, Follas Novas.
Materia prima. Relatos contemporáneos, VV. AA., (coeditor), 2002, Xerais.
Contos de escritoras galegas. Antoloxía da literatura galega, (coeditor), 2003, Centro de Estudios Galegos de Universidade de San Petersburgo.
Viaxe ao País dos Ananos, de Celso Emilio Ferreiro, 2004, Xerais.
Cancioneiro Popular Galego, de Álvaro de las Casas, 2005, Follas Novas.
Antoloxía de narrativa galega, 2007, Xunta de Galicia.
Abicedo. Cabrinfollas, de Victoriano Taibo, 2008, Follas Novas.
Cartafol de traducións e outros poemas, de Xosé María Díaz Castro, 2014, Consello da Cultura Galega.
Poesía galega completa, de Xosé María Díaz Castro, 2014, Galaxia.
Epistolario, de Xosé María Díaz Castro, 2014, Galaxia.
Fala das musas e outros poemas, de Daniel Pernas Nieto, 2014, Centro Ramón Piñeiro.

Traducións

A terra baldía, de T. S. Eliot, (cotradutor), 1998, Follas Novas.
Don Ramón María del Valle-Inclán, de Ramón Gómez de la Serna, (cotradutor), 2009, Editorial Trifolium.
O dereito á preguiza, de Paul Lafargue, 2010, Editorial Trifolium.
A servidume voluntaria, de Étienne de la Boétie, 2013, Editorial Trifolium.

Obras colectivas

Ánxel Fole e Á lus do candil, con Luís Alonso Girgado, 1997, Nigra.
O mundo lucense de Ánxel Fole, en colaboración, 1997, Edicións do Castro.
Guerra Civil e Literatura Galega (1936-1939), 2006, Xerais.
Vida e obra de Manuel Leiras Pulpeiro, con Xurxo Martínez González, 2012, Galaxia.
Rosalía na cobiza do lonxe, 2013, Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
Xosé María Díaz Castro. Nimbos de luz, con Alfonso Blanco Torrado e Luís González Tosar, 2014, Galaxia.
Sombras radiantes y otros poemas, de Xosé María Díaz Castro, edición bilingüe en colaboración con Luís González Tosar, 2014, Eneida.

Premios

Premio Xerais á Cooperación Editorial no 2004.
Premio Ánxel Fole no 2010.
Premios Redelibros ao crítico literario máis destacado do 2011 e 2012.
Premios Redelibros ao blog máis destacado do 2011 e 2012, por Criticalia.
Premio Fervenzas Literarias ao mellor crítico literario de 2012.
Premio Fervenzas Literarias ao mellor crítico literario de 2014.

Notas

"Armando Requeixo presenta na USC a primeira tese sobre Díaz Castro", artigo en Sermos Galiza, 27 de febreiro de 2014.

Otros libros del autor