ESTREMAS

ESTREMAS

Editorial:
GALAXIA
Año de edición:
Materia
POESÍA GALEGA
ISBN:
978-84-9865-337-3
Páginas:
72
Encuadernación:
RÚSTICA
Disponibilidad:
RECÍBELO EN 72H

12,00 €
Comprar

O libro de Ana Romaní podería ser o comezo dun diálogo entre corpo e lingua, coa literatura como único lugar desa posibilidade. Xunto a esa exploración dos límites do expresado, en Estremas tamén hai "un xeito de persistencia", a busca dunha xinea nova ou a unha lectura nova diso que "arde sen liñaxes" e no que se pode albiscar unha liberación. O poema asenta os pés na furia e na vertixe, rebélase incómodo e respira exhausto nos silencios que abre. É unha urxencia de si mesmo para comprender, indaga nos lindes da súa propia sustancia, na causa que o alimenta. En Uadi Al Hitan, o val das baleas, no deserto occidental de Exipto, a poeta percorre a memoria dun soño, procura os lindes da súa perda, escava e abeira á procura dunha nova posición, doutro lugar. As palabras como restos dunha transformación esencial, tal os fósiles das baleas de Uadi Al Hitan, testemuño da metamorfose de animal terrestre en animal acuático. Por iso, en Estremas as liñas de tensión esgazan a carne e a linguaxe, os discursos gravan as súas marcas nos corpos e a vida expón as osamentas no terrazo. O poemario esta atravesado polo carnal, pola identidade como busca, como liberación.

Otros libros del autor

  • DAS ÚLTIMAS MAREAS
    Titulo del libro
    DAS ÚLTIMAS MAREAS
    ROMANÍ, ANA
    Disponible en 5 días

    10,00 €

  • A DESVÉRTEBRA
    Titulo del libro
    A DESVÉRTEBRA
    ROMANÍ, ANA
    Ana Romani levaba unha década sen publicar un poemario pero a espera pagou a pena porque A desvértebra supón un xir...
    Agotado

    16,00 €