EXHORTACIÓN Á DESOBEDIENCIA

EXHORTACIÓN Á DESOBEDIENCIA. FILOSOFO PETAR CO ZAPATO NA MESA EXHORTACION A DESOBEDIENCIA POLITICO ANOVA IRMANDA

Editorial:
LAIOVENTO
Año de edición:
Materia
POLITICA Y GOBIERNO
ISBN:
978-84-8487-235-1
Páginas:
117
Encuadernación:
Rústica
Colección:
ENSAIO
Disponibilidad:
RECÍBELO EN 72H

14,00 €
Comprar

Ética democrática e, na esquerda, ética de esquerdas. Fraternidade. Cooperación e non competición. República, democracia participativa, primacía dos dereitos colectivos, igualitarismo, autodeterminación cara á independencia, socialización, home novo/muller nova, nova cultura. Son os eixes reitores da "Declaración de Láncara", que Xosé Manuel Beiras debullaba ao recoller o Premio Ramón Piñeiro "Facer País" en outubro de 2005. Dalgún xeito as súas palabras constituíron unha especie de texto fundacional, o pórtico de valores que, na esfera política, levaron a Beiras en compañía de moitas e diversas persoas a saír a navegar en mar aberto, a poñer os alicerces dun movemento sociopolítico de novo deseño que, no eido da sociedade política, cristalizou na creación de Anova-Irmandade Nacionalista e da coalición Alternativa Galega de Esquerda. Entre medias, unha crise sistémica como pano de fondo, na que tanto os modelos de Estado das autonomías e de Estado social e de dereito, como o modelo de economía social e de mercado e o modelo europeo entraron en esclerose irreversíbel. Non abonda pois cunha simple alternativa política partidaria. Cómpre un movemento, non un partido, un proceso de mobilización da cidadanía do común, unha nova cultura política que practique a indignación e a desobediencia. Ao cabo, unha rebelión cívica organizada como pobo e como motor da emancipación cara a unha creba democrática co réxime existente, emanado da Segunda Restauración Borbónica. Cómpre reclamarmos o imposíbel: "só é utópico aquilo que non se loita por acadar".

Otros libros del autor

  • PROSAS DE COMBATE E MALDICER
    Titulo del libro
    PROSAS DE COMBATE E MALDICER
    XOSÉ MANUEL BEIRAS
    RECÍBELO EN 72H

    29,95 €

  • NUREDIN O TAXISTA E AMEDINE O PINTOR
    Titulo del libro
    NUREDIN O TAXISTA E AMEDINE O PINTOR
    XOSÉ MANUEL BEIRAS
    No prólogo da obra, o hoxe dirixente de Anova lembra a relación entre o seu desasosego político da época -asemblea e...
    RECÍBELO EN 72H

    14,00 €

  • O PROXECTO COMÚN DA NACIÓN GALEGA
    Titulo del libro
    O PROXECTO COMÚN DA NACIÓN GALEGA
    XOSE MANUEL BEIRAS
    Non cansarei de reiterar que unha nación non é un territorio, que incluso é un ingrediente prescindíbel para que exi...
    RECÍBELO EN 72H

    14,75 €

  • EXHORTACION A LA DESOBEDIENCIA
    Titulo del libro
    EXHORTACION A LA DESOBEDIENCIA
    XOSE MANUEL BEIRAS
    Un «escrito de axitación» con el que anima a la movilización de la ciudadanía para articular una «nova cultura polít...
    RECÍBELO EN 72H

    16,00 €