FÁBULA DAS AVES

FÁBULA DAS AVES

Editorial:
LAIOVENTO
Año de edición:
Materia
CONSULTA
ISBN:
978-84-8487-462-1
Páginas:
129
Encuadernación:
RÚSTICA
Disponibilidad:
Disponible en 5 días

15,00 €



“Lingua morta, lingua estranxeira a dos filósofos e poetas, tal como lemos na cita de Agabem que encabeza a Fábula das aves. Viva e próxima, porén, a voz do vitalista escéptico Manuel Forcadela, sempre entregado á luz do paradoxo, ao fulgor da dúbida. Os seus poemas interpretan con estilo moi natural os seus propios acenos e movementos e os diversos rexistros do pensamento e das emocións. Os ámbitos da evocación nostálxica, o pracer de certa sensorialidade decadente, a música antiga do alexandrino pautado en rigurosa distribución de pés métricos, o diálogo entre acentos coloquiais e reflexión trascendente, alén doutras constantes da súa poética, tensan como nunca os seus instrumentos de precisión no relato desta Fábula das aves, que é a fábula da vida de Manuel Forcadela.

A vida,“esa mestura / da forza da vontade / e do poder do azar” constitúe a materia central da Fábula das aves, cuxo magnífico voo discursivo se resolve ás veces en formato de sátira. Así nos momentos en que o autor escolle a voz desmitificadora da poesía de mocidade, a dos autores de “poemas por sempre inesquecibles / que xa ninguén recorda”. Manuel Forcadela, sabio en artes de paixón escéptica, é consciente, porén, do permanente efecto transformador do poema, cuxo sentido simbólico “non substitúe o real senón que o incrementa”, tal como se verifica na lectura da Fábula das aves, alta música de pensamento e linguaxe.”

Xosé Mª Álvarez Cáccamo

Titulo: FÁBULA DAS AVES

Otros libros del autor

  • LACAN EN COMPOSTELA
    Titulo del libro
    LACAN EN COMPOSTELA
    MANUEL FORCADELA
    “Este libro podería ser visto como unha tentativa de psicanalizar a cultura galega a través dun dos seus buques insi...
    RECÍBELO EN 72H

    17,95 €

  • BARATO BARATO
    Titulo del libro
    BARATO BARATO
    MANUEL FORCADELA
    Un misterioso mercedes verde, un revólver cargado, dúas irmás xémeas e un vendedor negro serán os elementos que entr...
    En stock

    9,50 €

  • SANGUE SOBRE A NEVE
    Titulo del libro
    SANGUE SOBRE A NEVE
    MANUEL FORCADELA
    Descatalogado

    10,50 €

  • LAMPADA E MEDUSA
    Titulo del libro
    LAMPADA E MEDUSA
    MANUEL FORCADELA
    MANUEL FORCADELAMás conocido como Manuel Forcadela, Manuel S. Fernández Álvarez tomó el pseudónimo literario del no...
    En stock

    6,30 €