Descuento:
-5%Antes:
Despues:
18,95 €Unha noite máxica, un primeiro dente e dous personaxes moi especiais!
Oliver acaba de perder o seu primeiro dente e espera impaciente a visita do Rato Pérez. Pero esa noite Pérez recibe o aviso demasiado tarde e teme non chegar a tempo. Só hai unha solución: pedir axuda á súa boa amiga, a Fada dos Dentes. Conseguirán cumprir a súa misión antes de que Oliver esperte?
FADA E PÉREZ reúne tres pequenos contos conectados que nos permiten descubrir a mesma noite máxica desde diferentes lugares e protagonistas: o Rato Pérez, a Fada dos Dentes e o pequeno Oliver.
Un orixinal libro ilustrado de cartoné e formato despregable que, despois de ler as historias, se transforma nunha casiña do Rato Pérez para colocar no cuarto e esperar a que aconteza a maxia.
Tres historias, dous personaxes máxicos e unha casiña moi especial para celebrar a caída dos primeiros dentes.