FÁLAME

FÁLAME. POESIA ESQUIO FERROL SOCIEDAD CULTURAL VALLE-INCLAN FERROL

Editorial:
SOCIEDAD CULTURAL VALLE-INCLÁN
Año de edición:
Materia
POESÍA GALEGA
ISBN:
978-84-95289-41-4
Páginas:
144
Encuadernación:
CARTONÉ
Colección:
ESQUIOFERROL
Disponibilidad:
Disponible en 72h

10,00 €
Comprar

Traxectoria

Traballou como ferroviario e actor de dobraxe, coordinou Revista das Letras, suplemento cultural de El Correo Gallego.

É creador de vocación interdisciplinar: fundou con Ana Romaní o Laboratorio de Indagacións Poéticas e autor do poemario oral Prestidixitador (2001), unha experiencia singular onde o poeta é o único soporte da obra. Como activista e performer realizou "O lugar", no que mediu Santiago de Compostela co seu corpo e co Festiclown percorreu Chiapas nunha montaxe de apoio ás bases zapatistas.

Como poeta publicou Sucios e desexados (1987), Manual de masoquistas (1990), Á sombra dos rapaces mexando (1995), O libro dos amados (1996), OM (1996), Pronomes (1998); como narrador publicou diversos relatos espallados en publicacións colectivas e as novelas As reliquias (Xerais, 1991), Premio Café De catro a catro, O riso de Isobel Hill (Deputación de Pontevedra, 2000) e Ganga (Xerais, 2001).

No ano 2002 publicou Fálame. Desenvólvese como xornalista de cultura no xornal O Correo Galego, que se transformou no 2003 en Galicia Hoxe.

Tamén participou no libro Xuro que nunca volverei pasar fame (2003), elaborado polas Redes Escarlata, das que forma parte.
Obra
Poesía
Antón Lopo.JPG

Sucios e desexados, 1988, Sotelo Blanco, considerado por parte da crítica contemporánea como precursor dalgunha das liñas da poesía dos 90, en especial da poesía feminina de temática homoerótica[Cómpre referencia].
Manual de masoquistas, 1990.
Á sombra dos rapaces mexando, 1995.
Libro dos amados, 1996, poemario onde predomina o homoerotismo e o emprego dunha linguaxe do cotián, antirretórica.
OM, 1996, Espiral Maior
Pronomes, 1998. Voz forte que enuncia a representación hierática dun magma salvaxe: o amor, a morte, o desexo, a desintegración da memoria persoal e colectiva e a labilidade do vivido como fabulación rememorada. O poemario dá cabida, por primeira vez na historia da tradición lírica galega[Cómpre referencia], a un tipo de desexo, o S/M, que entronca ao autor cunha corrente de pensamento próxima á teoría Queer.
Fálame, 2004, Sociedade de Cultura Valle-Inclán. Poemario áspero e descarnado pero tamén visceral e humano. Trata temas amargos como a dificultade das relacións interpersoais, a incomunicación sexual ou a imposíbel felicidade etc.

Narrativa

As reliquias, 1991.
O riso de Isobel Hill, 2000.
Ganga, 2001.
Unha terraza en propiedade.
Obediencia, 2010, Xerais.

Teatro

Os homes só contan ata tres, 2005.

Ensaio

Fermín Bouza Brey. Unha fotobiografía, 1992, Xerais.
Guía de Santiago de Compostela, 1993.
Mishima, que existiu nunca, 1995.
As tres mortes de Lorenzo Varela, 2005.
A distancia do lobo. Biografía de Uxío Novoneyra, 2010.

Traducións

A balada do cárcere de Reading de Oscar Wilde, 2003, Laiovento. Con Amalia Salvador.

Obras colectivas

Contos eróticos. Eles, 1990, Xerais.
Chineses, 1996, O Correo Galego.
A poesía é o grande milagre do mundo / Poetry is the world´s great miracle, 2001, PEN Clube de Galicia.
Narradio: 56 historias no ar, 2003, Xerais.
Poetas e Narradores nas súas voces. II, 2006, Consello da Cultura Galega.
Erato bajo la piel del deseo, 2010, Sial Ediciones.
Cociñando ao pé da letra, 2011, Galaxia. Colaboración con varios autores sobre poesía e cociña.

Premios

Premio Esquío no 2003, pola obra Fálame.
Premio Álvaro Cunqueiro no 2004, pola obra Os homes só contan ata tres.
Premio García Barros no 2010, pola obra Obediencia[1].

Notas

Lopo gaña o García Barros

Véxase tamén
Ligazóns externas

Antón Lopo en Praza das Letras
Ficha do autor en Xerais

Categorías:

Escritores en lingua galega
Escritores de Galicia
Xornalistas de Galicia
Poetas de Galicia
Nados en Monforte de Lemos
Premio Esquío
Nados en 1961

[amosar]

Otros libros del autor