FERROL CIDADE DA ILUSTRACION

FERROL CIDADE DA ILUSTRACION. CIDADE DA ILUSTRACION FERROL CIDADE ILUSTRADA

Editorial:
ATENEO FERROLÁN
Año de edición:
ISBN:
978-84-933518-0-9
Páginas:
186
Colección:
CADERNOS
Disponibilidad:
En stock

10,00 €
Comprar



Na miña traxectoria vital fóra de Ferrol tiven relación cos Ateneos de Madrid e Cádiz; afincado xa na miña cidade natal levo anos como socio do Ateneo Ferrolán. Fundado o ano 1879, o Ateneo de Ferrol desenvolveu varias etapas da súa existencia baixo diferentes circunstancias sociais e políticas, con nomes importantes da cultura ferrolá nas súas directivas, desde Andrés Comerma a Emiliano Balás.

En liña coa tradición progresista dos Ateneos, a sociedade tivo en Ferrol unha longa historia no eido do fomento da cultura, celebrando este ano o seu cento trinta e catro aniversario, dentro da súa cuarta etapa comezada o ano 1976, xa como Ateneo Ferrolán. No período transcorrido entre os anos 1995 e 2011 exerceu a súa Presidencia Eliseo Zaera Ríos, xubilado da súa actividade profesional nos eidos do ensino e da construción naval.

Entre as actividades máis salientables do Ateneo nesta longa etapa de dezaseis anos está a de manter o servizo da Biblioteca, arredor de 10.000 volumes, a Hemeroteca, máis de 450 cabeceiras de revistas e prensa diaria, recen dixitalizada pola Fundación Barrié, e a colección dunhas 300 obras de pintura, todo iso constituíndo un importante patrimonio cultural de Ferrol. Ademais leváronse a cabo ciclos de cine, tertulias ou faladoiros, conferencias, mesas redondas e exposicións de artes plásticas.

Por mor de razóns que se me escapan, perdéronse dúas actividades do seu programa, os Xoves Teatrais e a mostra anual dun pintor ferrolán. Por outra banda, os certames anuais celebrados desde vinte anos atrás, tiveron desigual fortuna e interese. Acadou un alto nivel internacional o Concurso de Gaita Constantino Bellón; déuselle un salientable pulo ao certame de fotografía de medio ambiente; mantivéronse as Xornadas da gaita e o concurso de audiovisuais, acadando un alto nivel de participación e calidade.

A súa revista Atenea e o Cadernos, nos que tiven a honra de colaborar, tiveron unha boa acollida ata que esmoreceron polos problemas económicos. Cumpre salientar o interese dos últimos Cadernos: “Ría de Ferrol”, “Ferrol: cidade da Ilustración”, magnífico traballo sobre Ferrol do século XVIII; e “A construción naval na ría Ferrol”. Foi tamén importante o labor persoal de Eliseo Zaera nas relacións con outros Ateneos nacionais e estranxeiros, tarefa non sempre apoiada e valorada pola Directiva da entidade.

Non obstante, quero facer un apunte persoal sobre certas actividades específicas do Ateneo Ferrolán e o seu entón presidente arredor de temas polémicos, apoiando certas campañas e plataformas cívicas. Refírome de xeito especial aos temas da Planta de Gas e o caso do Prestige. No que atinxe a tan opinables asuntos, debo dicir que en liñas xerais estou en contra da presenza da primeira na ría ferrolá, pero non estou seguro que fose a peor das solucións a de afastar o máis posible da costa galega o vello petroleiro.

Nos dous casos, aínda que no tema do Prestige non houbera un pronunciamento oficial do Ateneo Ferrolán, coido que, cara á opinión pública, non se logrou diferenciar ben as posturas dalgúns membros da posición da entidade, nun tema no que non estaban de acordo todos os socios, usando unha sede de propiedade municipal, aínda que cedida, para colocar carteis alusivos. Hai que dicir que estas actividades non lle beneficiaron ao Ateneo nas súas relacións co Concello e si lle pasaron factura por mor da percepción real ou inducida que tiveron nalgúns sectores da cidade.

Todo isto non mingua a miña consideración cara ao Ateneo Ferrolán e ao notable traballo de Eliseo Zaera, con quen comparto, xunto con outros amigos, fai moito tempo unha tertulia semanal, que xa por fin retomamos na sede do Ateneo, o que me permite estar en contacto coa vida cultural de Ferrol, nun intre no que estou condenado ao exilio desta urbe.

Déixese de lerias o Concello e teña a cumprida dilixencia para que o Ateneo Ferrolán poida retomar dunha vez as súas normais actividades no edificio do Legado Carbajal (por certo, xa está ben de estúpidos bailes de nomes). Outro día haberá tempo para falar con claridade de certas empresas interpostas e externalizadas (agora chámanse así) para a xestión da cultura; para mal exemplo de xestión, excesos na reserva de localidades e prezos abusivos das mesmas, chega dabondo co Teatro Jofre.

"FERROL. CIDADE DA ILUSTRACIÓN"

CADERNOS ATENEO FERROLÁN - Nº 17-18 (2003-2004)

Indice:
A Ilustración: un proceso de convulsión das ideas XOSÉ LEIRA LÓPEZ
O movemento ilustrado. A Ilustración en Galicia JUAN J. BURGOA FERNÁNDEZ
O nacemento dunha cidade: O Ferrol do século dezaoito ALFREDO MARTÍN GARCÍA
A nova poboación da Magdalena (1751-1808). O símbolo urbán do Ferrol da Ilustración ALFREDO VIGO TRASANCOS
Arquitectura da Ilustración. A igrexa de San Xiao MARGARITA SÁNCHEZ YÁÑEZ
A Alameda, zona verde da Ilustración MARÍA JOSÉ LEIRA AMBRÓS
O Patrimonio Histórico do Ferrol da Ilustración JUAN A. RODRÍGUEZ-ViLLASANTE PRIETO
Gremios e Ilustración: A maestranza da Mariña MANUELA SANTALLA LÓPEZ
A fábrica dun navio no Real Estaleiro de Esteiro JOSÉ Ma DE JUAN-GARCÍA AGUADO
O despertar da Ría á industrialización JUSTINO FERNÁNDEZ NEGRAL
Ferroláns do seu tempo ROSA Ma GABRIELA DE CAL Y CORTINA
Memoria da Ilustración: Patrimonio do Futuro GUILLERMO LLORCA FREIRÉ
Contribución a unha Bibliografía da Ilustración JUAN J. BURGOA FERNÁNDEZ
Cadro cronolóxico da Ilustración