FERROLANALISIS 26 REVISTA DE PENSAMENTO E CULTURA Y ORQUESTAS ALVARO CUNQUEIRO

FERROLANALISIS 26 REVISTA DE PENSAMENTO E CULTURA Y ORQUESTAS ALVARO CUNQUEIRO. REVISTA DE PENSAMENTO E CULTURA CON CADERNO ORQUESTRAS DE FERROLTERRA

Editorial:
FERROLANALISIS FERROL ANÁLISIS
Año de edición:
ISBN:
978-92-0-024511-4
Encuadernación:
Rústica
Colección:
REVISTA
Disponibilidad:
Agotado

18,00 €

Nova entrega de Ferrol Análisis (nº 26)
Publicado o 12 Abril 2012 por Ramón Nicolás

Ponte Far, J.A. (dir.)

Ferrol Análisis nº 26

Club de Prensa de Ferrol, A Coruña, 2011, 15 €, 336 páxinas.



Un amigo faime chegar a adoito voluminosa entrega dunha das revistas culturais e anuais de carácter máis plural e, sen dúbida, mellor coidadas tipograficamente entre as que se editan en Galicia desde hai máis máis de dúas décadas, período no que vén realizando un meritorio traballo ininterrompido, cumprindo sempre con fidelidade a súa cita cos lectores e lectoras.

Alén das lóxicas colaboracións que se vinculan máis estreitamente con aspectos ou personaxes ferroláns, acolle intervencións do acontecido nos Cursos de Verán “Carlos Gurméndez” e cédese un apreciable espazo para atender a dúas figuras, de dimensión literaria, que o ano pasado ocuparon os primeiros lugares da actualidade cultural como foron Lois Pereiro -da man de Siro, quen se detén na xénese duns retratos do escritor monfortino- e mais Álvaro Cunqueiro -analizado a cargo de Ángel Basanta e Darío X. Cabana-, prestándolle tamén atención a algunhas facetas do profesor ferrolán Santiago Montero Díaz, nun estudo que subscribe Xesús Alonso Montero.

Ademais, asumindo o criterio da pluralidade temática incorpórase un oportuno estudo de Xosé R. Barreiro Fernández arredor da significación política das Cortes de Cádiz no seu segundo centenario alén doutros, que resulta imposible recollelos aquí nin sequera parcialmente, entre os que salientaría o que versa arredor do músico Manuel Quiroga, o que esculca sobre a vida da soprano Carolina Casanova ou o aritgo que subscribe Marcos S. Pérez Pena sobre xornalismo.

Complétase esta entrega, nunha edición exenta, co número vinte e cinco dos seus Cadernos, nesta ocasión dedicados a Ferrolterra e mais as orquestras de baile, un traballo de Germán Castro e Juan Díaz Fraguela. Longa vida a esta revista e mais aos Cadernos.