FIGURAS DA FINITUDE

FIGURAS DA FINITUDE

Editorial:
LAIOVENTO
Año de edición:
Materia
PROSA, NO FICCIÓN
ISBN:
978-84-8487-249-8
Páginas:
115
Encuadernación:
Rústica
Colección:
ENSAIO
Disponibilidad:
RECÍBELO EN 72H

14,56 €
Comprar

Se queremos analizar as causas do ascenso electoral do PP e a conquista da alcaldía, deberiamos ter en conta que durante moitos anos o PSOE traballou para o PP, abandonando na Coruña a política de esquerdas e unha pedagoxía política progresista, e centrando o seu obxectivo en recoller votos da dereita. Cando o impulsor desa política é «desterrado» ao Vaticano, o PP non tivo máis que recoller os votos que previamente sementara o propio PSOE. E aí están os resultados. Este libro completa unha triloxía iniciada coa publicación en 2003 de A Coruña de Paco Vázquez e en 2007 con Outra Coruña é posíbel, que poden ser ferramentas útiles para que a cidadanía e futuras xeracións poidan coñecer un pouco mellor a historia dos últimos corenta anos.

Os auténticos valedores de Carlos Negreira, o mesmo que de Paco Vázquez, son os poderes fácticos da Coruña, é dicir, aqueles que sempre mandaron e nunca se presentan ás eleccións. Antonio Fontenla, presidente da Confederación de Empresario, presentaba así a Carlos Negreira: «Es un amigo con el que puedes contar; con pocas personas nos hemos entendido tan bien, casi sin hablar».

Esta sintonía entre o poder económico e político continuou durante os catro anos do goberno de Negreira, favorecendo os intereses do capital, de grandes empresarios e promotores inmobiliarios, e procurando manter as honras a fascistas concedidas durante a ditadura. Está nas nosas mans acabar con esta longa noite de pedra.