FILOSOFÍA 1º BACH LOMLOE

FILOSOFÍA 1º BACH LOMLOE

Editorial:
BAÍA
Año de edición:
Materia
FILOSOFIA
ISBN:
978-84-9995-398-4
Páginas:
322
Encuadernación:
RÚSTICA
Disponibilidad:
RECÍBELO EN 48H

40,00 €
Comprar

Subvencionado pola Consellería de Cultura, Educación, Formación profesional e Universidades da Xunta de Galicia.

A intención perseguida por este manual é:

• Satisfacer os máximos contidos establecidos no currículo, de conformidade coa LOMLOE.

• Contribuír a desenvolver os saberes básicos nos que incide a materia de Filosofía 1.º Bacharelato.

• Dar un fundamento sólido á continuidade da aprendizaxe, concretamente na materia de Historia da Filosofía de 2.º de Bacharelato.


Este manual está artellado arredor dos tres saberes básicos que establece a LOMLOE, que en realidade son seis, repartidos en:

A filosofía e o ser humano:

1. A reflexión filosófica arredor da propia filosofía.

2. O ser humano como suxeito e obxecto da experiencia filosófica.

Coñecemento e realidade:

3. O problema filosófico do coñecemento e a verdade.

4. A cuestión da natureza última da realidade.

Acción e creación:

5. A acción humana: filosofía ética e política.

6. A reflexión filosófica arredor da creación artística.

Concretámolos en 8 temas por razóns didácticas e en relación coas competencias específicas que guían os criterios de avaliación. O que sería o noveno referido ás mulleres filósofas pareceunos máis acaído tratalo de xeito transversal en todos os temas.

Cada tema consta de:

1. Portada ou páxina inicial de achegamento cunha obra de arte e un texto filosófico acompañado dunhas cuestións para pensar e traballar.

2. Saberes básicos ou desenvolvemento da temática por apartados, coa información imprescindible para adquirilos, organizada en varias partes correspondentes a cada saber básico. Ademais, nas marxes de todos os apartados hai textos filosóficos breves que ilustran os saberes básicos e poden ser comentados na aula ou fóra dela. Esta información complétase coa bibliografía proposta e as lecturas dos textos da Aula Virtual de Baía Edicións, que ao longo do libro veñen sinaladas co indicador Lectura [n.º]. Esta parte non pretende ser un fin en si mesmo, senón un apoio lector ao alumnado que lle permita construír a súa concepción non dogmática dos problemas e desenvolver o propio xuízo e autonomía moral.

3. A filosofía nos textos, fragmentos de textos filosóficos relevantes para ler e traballar que presentan o pensamento filosófico de autoría diversa, pero especialmente dando visibilidade ao pensamento das filósofas e puntos de vista non dominantes.

4. Actividades e Aplicacións diversas presentadas arredor de 5 modelos:

• Ideas e conceptos.

• Problemas.

• Filosofemas que dan para pensar.

• Texto.

• Láminas ou cadros para comentar.

Otros libros del autor

  • FILOSOFÍA 1º BACHARELATO LOMCE
    Titulo del libro
    FILOSOFÍA 1º BACHARELATO LOMCE
    MARTÍNEZ QUINTANAR, MIGUEL ÁNGEL
    Consideramos a utilidade do manual que presentamos para a materia de Filosofía, pola necesidade de ter un texto que ...
    Descatalogado

    37,45 €

  • GILLES DELEUZE
    Titulo del libro
    GILLES DELEUZE
    MARTÍNEZ QUINTANAR, MIGUEL ÁNGEL
    Dirixido a todas as persoas interesadas na historia do pensamento e de gran utilidade como material complementario p...
    Consulte previamente la disponibilidad

    3,15 €

  • HISTORIA DA FILOSOFÍA 2º BACH.
    Titulo del libro
    HISTORIA DA FILOSOFÍA 2º BACH.
    MARTÍNEZ QUINTANAR, MIGUEL ÁNGEL
    Baía Edicións presenta o texto de Historia da Filosofía 2.º Bacharelato, adaptado ao Decreto 157/2022, de 15 de sete...
    RECÍBELO EN 48H

    48,00 €