FISTERRAS ATLANTICAS

FISTERRAS ATLANTICAS. FINISTERRES ATLANTICOS. ATLANTIC FINISTERRES

Editorial:
MEDULIA EDITORIAL
Año de edición:
Materia
POESÍA GALEGA
ISBN:
978-84-122253-5-8
Páginas:
252
Encuadernación:
Rústica
Disponibilidad:
Disponible en 72h

19,90 €
Comprar

Esta antoloxía naceu , nomeadamente , dalgunhas viaxes que realizamos ao sur e ao oeste de Irlanda, sobre todo na última década . O interese pola poesía irlandesa , sen dúbida unha das mellores do mundo , permitiunos atopar puntos de contacto coa poesía galega contemporánea , que tamén vive un momento álxido ... A relación entre Irlanda e Galicia vén de lonxe , como é ben coñecido . Tan lonxe , polo menos , como o demostra a Canción de Amergin , e a Invocación a Irlanda , poemas fundacionais da cultura irlandesa , que explican dalgunha maneira a importancia das expedicións marítimas e dos primitivos contactos entre os pobos costeiros , a verdadeira orixe da civilización . Hai algo poderosamente emotivo no feito de que o primeiro contacto entre Galicia e Irlanda se basa na lenda de Amergin , na viaxe do druída , guerreiro e poeta dos milesios , partindo desde o que hoxe son as costas da Coruña , até a baía de Waterville , en Kerry , onde se presume que chegou Amergin para iniciar a invasión de Irlanda ....