FORMIGAS NOS PÉS

FORMIGAS NOS PÉS

Editorial:
XERAIS
Año de edición:
Materia
MODERNA Y CONTEMPORÁNEA
ISBN:
978-84-9121-593-6
Páginas:
312
Encuadernación:
RÚSTICA
Colección:
NARRATIVA
Disponibilidad:
En stock

18,80 €
Comprar

" Formigas nos pés " é un calidoscopio, a radiografía dese sentimento tan universal que é a dor producida por unha ruptura. A novela aborda o dó dunha muller que fica soa aos 50 anos e que debe reinventarse desde ese punto de devastación interna, a historia de alguén que inicia un arduo proceso para reconstruírse e para aprender a camiñar sen aqueles brazos que a sostiñan e que ela cría eternos. Esta é unha novela escrita cunha extraordinaria pulsión. É a historia de Eva, expulsada do paraíso, e de todas as Evas que foron, son e serán. A historia desas mulleres ás que a vida pon na difícil tesitura de aprender a dicir adeus.
Para a protagonista de " Formigas nos pés " , de súpeto, o mundo quedou sen luz. Decátase de que desapareceron as cores que gabeaban polas paredes, os aromas da cociña, as rutinas cómodas, a palabra amable, as arelas que debuxa o porvir. E descobre que se ergueron muros, enreixados, fronteiras, camiños de fuxida, torres vixía, voces de mando, reparos, berros, suspicacias. Ela sente a pel dura e o corazón de caramelo. O frío. A quebra. A ferida e o medo. Agóchase nos armarios e busca muletas, bastóns e candís que a guíen polos camiños dese mundo que de súpeto quedou sen luz.