FOSCA

FOSCA

Editorial:
HUGIN E MUNIN
Año de edición:
ISBN:
978-84-944422-6-1
Encuadernación:
Rústica
Disponibilidad:
Disponible en 72h

12,00 €
Comprar

Fosca, asinada por Igino Ugo Tarchetti aínda que concluída por Salvatore Farina, editouse por entregas en Il Pungolo en 1869, ano no que tamén foi recollida en volume exento.
Tarchetti foi o primeiro escritor italiano en utilizar un caso de histeria como centro para unha novela; Fosca naceu tras a experiencia dun dobre amor que el mesmo vivira. En 1863, en Varese, mantivo unha relación sentimental con Carlotta Ponti, e en 1865 coñeceu en Parma unha parente dun superior seu (Carolina ou Angiolina), enferma de histeria e epilepsia e a piques de morrer que, malia non ser en absoluto agraciada, suscitou nel unha grande atracción. O protagonista, Giorgio, narra en primeira persoa as súas experiencias amorosas, que se remontan cinco anos atrás, con dúas mulleres: Clara, a dama fermosa e serena, coa que vive unha relación feliz e pracenteira; e Fosca, unha muller fea, histérica e cunha sensibilidade enfermiza.

A novela une dous planos: o interese pola análise dun caso patolóxico, seguindo o ronsel da novela naturalista; e a estrutura simbólica, polos camiños do horror, o oculto e o escuro. Deste xeito, o tema do amor está presente na novela consonte dous modelos contrapostos: o romántico, co adulterio que entra en conflito coas regras sociais; e o típico da Scapigliatura, o amor visto nos seus aspectos morbosos, patolóxicos e asociado á enfermidade e á morte. A novela, a máis importante do autor, inaugurou en 1971 a colección «Centopagine» dirixida por Italo Calvino, quen afirmou: «Fosca é unha personaxe entre liberty e dannunziana anticipada polo menos vinte anos nun mundo que non é o seu».
ESPECIFICACIÓNS

20 x 13.5cm
Lingua galega
Colección XIX
978-84-944422-6-1

Autor: Igino Ugo Tarchetti
Páxinas: 280
Traducido: do italiano por Isabel Soto