FUXIRON POR MAR

FUXIRON POR MAR. DURANTE A GUERRA CIVIL ESPAÑOLA, TRES MOTORIÑAS DE MALPICA FUXIRON PARA FRANCIA

Editorial:
TOXOSOUTOS TOXO SOUTOS
Año de edición:
Materia
HISTORIA
ISBN:
978-84-946001-8-0
Páginas:
299
Encuadernación:
Rústica
Disponibilidad:
RECÍBELO EN 72H

17,00 €
Comprar

Aborda a odisea de tres motoriñas de Malpica que fuxieron para Francia durante a guerra civil


Xelucho Abella Chouciño (Malpica, 1945) vén de publicar Fuxiron por mar, coa editorial Toxosoutos. «Durante a Guerra Civil española, tres motoriñas de Malpica fuxiron para Francia: Ciudad de Montevideo, con 11 homes; San Adrián, con 26; e Rocío, con 29. En fráxiles embarcacións enfrontáronse as temibles galernas cantábricas ata arribaren á Bretaña francesa. Este libro está escrito para que as súas odiseas non caian no esquecemento», di a contraportada da obra. Xelucho, xa autor doutras publicacións, é licenciado en Teoloxía e en Filosofía pola Universidade Pontificia de Salamanca. Exerceu como profesor dende 1982 ata o 2009 en varios institutos, como o Alfredo Brañas ou o de Ponteceso. No 2009 sufriu un ictus. Daquela, tiña escrita o 80 % desta obra que agora ve a luz. Dende entón, dedicouse a rematalo.

Comentario de La Voz de Galicia