GAIOLA ABERTA

GAIOLA ABERTA. ESCOLMA DE POESÍA INFANTIL (1997-2017) POESÍA PARA NENOS EN GALEGO

Editorial:
BAIA
Año de edición:
Materia
A PARTIR DE 7 AÑOS
ISBN:
978-84-9995-287-1
Páginas:
125
Encuadernación:
Rústica
Disponibilidad:
Disponible en 5 días

12,10 €

Obra dirixida a nenas e nenos que achega unha selección dos poemas editados por Xoán Neira ao longo dos últimos vinte anos e coa que o autor quere facer unha sentida homenaxe a Manuel María no cincuentenario da publicación da primeira edición do seu celebérrimo Os soños na gaiola.

Como nos anuncia Armando Requeixo, autor da edición e do limiar, nesta Gaiola aberta de Xoán Neira atoparás grilos grileiros, toupas ceguiñas, tartarugas de pel dura e donicelas bulideiras. Tamén osos chorosos, lobos solitarios, raposos pillabáns e ata cervos de luz. Moitas raiolas na chuvia, avós paseadores, lúas crecentes e papaventos voadores. E un carrusel que xira e xira, un tren que vai e vén, un pirata boa pata e un máxico xardín.

Queres coñecer a fonte de auga lizgaira, o sol da grandísima flor e a rosa de lume? Desexas saber todos os misterios do espantallo elegante, o paporroibo piador, o piñeiro de alta copa e o morcego voador? Pois non o penses máis: dálle a volta ao libro e comeza a soñar.

Entrevista na Voz de Galicia

Seis libros para nenos e agora, Gaiola Aberta, antoloxía poética na que Xoán Neira recolle 50 dos poemas máis representativos da súa obra.

-¿Como xurde este libro?


-Creo ter escrito poemas de gran calidade, que desgraciadamente pasaron desapercibidos. Con esta antoloxía reivindico o meu espazo poético na literatura infantil e achegar á xuventude á poesía. Hai que ensinarlles que non deben terlle medo, necesitan aprender a valorar que a beleza está nas pequenas cousas.

-¿Con que criterio os elexiu?

-Escolleunos o meu editor, Armando Requeixo, e estou moi contento coa súa decisión. Recoméndoos para nenos de entre sete e doce anos, pero tamén aos adultos. Falan sobre as cousas cotiáns e, por suposto, da natureza. Creo que para ser poeta hai que conservar a mirada de neno.