GALICIA BAJO LA BOTA DE FRANCO
La edición clandestina de 1938
Anónimo
O libro clandestino da guerra civil en Galicia (1937)
Os atroces acontecementos que sacudiron as provincias de Pontevedra e A Coruña entre agosto e decembro de 1936. Narrados por quen os viviu e sofriu. Galicia bajo la bota de Franco aparece por primeira vez en castelán dende a súa publicación, en 1938, en París e Bos Aires.
Unha crúa reportaxe periodística de autores anónimos onde se descrebe, con feroz realismo, o día a día en Vigo, A Coruña, Pontevedra, Santiago, Nigrán, Tui… nas tráxicas xornadas que seguiron ao golpe de Estado do xeneral Franco.
ALVARELLOS EDITORA recupera unha obra tan dura nos seus contidos como fundamental para coñecer e reflexionar sobre a dimensión duns feitos que endexamais poden volver a repetirse.
A presente edición conta cun Limiar e notas ao texto a cargo do historiador Carlos Fernández Santander (A Coruña, 1944), autor dunha das biografías máis completas sobre Franco e de máis de trinta libros sobre a guerra civil española e as catro décadas de dictadura que a seguiron. Ademais deste estudo de Fernández Santander, a presente edición complétase con tres Apéndices onde se narran outros escenarios da represión franquista en Galicia non recollidos no libro (a comarca do Deza, Lugo ou Ourense), apórtase un listado de falanxistas coruñeses de 1938, e un práctico índice cos centos de nomes de víctimas e verdugos que aparecen citados ao longo das case 300 páxinas desta reveladora edición. Fernández Santander cita, no seu prólogo, a Luís Seoane e Manuel Domínguez Benavides como probables autores de Galicia bajo la bota de Franco “un libro –di– que tuvo en su momento una gran difusión, pues se publicó tanto en castellano como en francés, y por varias editoras”.
UNHA NARRACIÓN VIBRANTE, ÉPICA E DE DENUNCIA ANTE EUROPA
Carlos Fernández define este libro como un instant-book da época, cun estilo “vibrante, ágil, combatiente, en ocasiones épico, donde se cita sin ningún reparo nombres de víctimas y represores, con una narración clara y periodística y un propósito bien claro: denunciar al mundo lo que está ocurriendo en Galicia, donde sólo en cinco meses de 1936, de agosto a diciembre, varios miles de personas habían sido fusiladas, o asesinadas –que para el caso era lo mismo– sin más ‘delito’ que profesar unas ideas o ser autoridad, en mayor o menor grado, de un Gobierno que había ganado las últimas elecciones generales, en febrero de 1936, de forma democrática”.
» Conferencia do profesor Xesús Alonso Montero na presentación en Vigo de Galicia bajo la bota de Franco (3/2/06).
O autor/a
O autor/a
Galicia bajo la bota de Franco é un libro anónimo e coral. Non obstante, o prologuista desta edición, Carlos Fernández Santander, cita a Luís Seoane e Manuel Domínguez Benavides como probables autores.
Á esquerda, reprodución da capa orixinal da edición francesa (1938).
Revista de Prensa
Los atroces acontecimientos que sacudieron las provincias de Pontevedra y A Coruña entre agosto y diciembre de 1936. Narrados por quienes los vivieron y sufrieron. Galicia bajo la bota de Franco aparece por primera vez en castellano desde su publicación, en 1938, en París y Buenos Aires.