Xosé Rodríguez Ferrer
volta a sorprendernos cunha homenaxe a Santiago de Compostela, Capital de Galicia, como ben reza o título do seu último libro publicado. Nel mestura prosa e poesía da que o autor é verdadeiro mestre.
Biografía do autor
Xosé Rodríguez Ferrer naceu en Vilamartín de Valdeorras no ano 1946. Estudiou no Seminario Diocesano das Ermidas (ía para cura) e logo o bacharelato no Colexio Dequitt do Barco de Valdeorras. Estivo despois na Escuela de Aviación de La Virgen del Camino. Logo marchou para o estranxeiro e traballou en varios lugares, entre eles o trasatlántico Monte Toledo, facendo a ruta Inglaterra, Illas Madeira,
Illas Canarias. Hoxe, a Deus grazas, está xubilado. Comezou a escribir contos e poemas porque necesitaba botar fóra o que levaba dentro. Xa ten editados outras obras:
AMENCIDAS DE VALDEORRAS (1995)
NO CAMIÑO (1998)
ALÉN DA PAIXÓN E DOS SOÑOS (2002)
CANTARES PRIMEIROS (2005)
UN CENTO E UN EPITAFIOS (2012)