GRAMATICA HISTORICA GALEGA. II LEXICOLOXIA

GRAMATICA HISTORICA GALEGA. II LEXICOLOXIA. LEXICOLOXÍA

Editorial:
LAIOVENTO
Año de edición:
Materia
LENGUAS
ISBN:
978-84-8487-265-8
Páginas:
412
Encuadernación:
RÚSTICA
Disponibilidad:
Agotado

30,00 €

O lector ten nas súas mans a segunda parte da Gramática Histórica Galega do Prof. Manuel Ferreiro, dedicada, nesta ocasión, ao estudo do devir léxico-semático do noso idioma, que continúa e complementa a primeira (xa na 4ª edición), centrada na Fonética e na Morfosintaxe.
Co presente volume cérrase unha viaxe lingüística a través dos séculos, que se converterá, máis unha vez, nun referente inevitábel e nun instrumento fundamental para toda aquela persoa que pretenda coñecer en profundidade a evolución lingüística do idioma, o primeiro sinal de identidade da nación galega.
É para Laiovento unha satisfacción a publicación dun traballo que, con todo o rigor filolóxico e con toda a paixón humana, permite coñecer o proceso de constitución do léxico galego (tanto o común como o toponímico e o antroponímico), descubrir os mecanismos de ampliación léxica que ao longo dos séculos permitiron multiplicar as súas palabras e significados, e, por último, acompañar a plural apropiación de moi diversos elementos lingüísticos, inicialmente extraños á nosa lingua.

Otros libros del autor