A aventura espacial cobra vida neste espectacular puzle inspirado no universo de Gravidade Cero. Unha proposta que combina xogo, descubrimento e unha fascinante viaxe polo sistema solar.
A caixa inclúe un puzle de 200 pezas que brilla na escuridade e un libro ilustrado co que descubrir os planetas, as estrelas, a Lúa, os satélites e algúns dos grandes fitos da exploración espacial.
Constrúe o sistema solar peza a peza e, cando remates, apaga a luz: os planetas brillan, as órbitas aparecen e o espazo cobra vida na escuridade.
Unha forma divertida de achegarse á astronomía, aprender e gozar en familia. Recomendado a partir de 7 anos.