GUÍA DAS EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS GALEGAS

GUÍA DAS EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS GALEGAS

Editorial:
NIGRATREA
Año de edición:
Materia
HISTORIA
ISBN:
978-84-95364-50-0
Páginas:
144
Encuadernación:
CARTONÉ
Disponibilidad:
Disponible en 5 días

25,00 €

O propósito da Guía de embarcacións tradicionais galegas é contribuír a achegar a cultura marítima galega tradicional ao público non especializado. O seu contido céntrase nas embarcacións, expoñendo cunha linguaxe sinxela e comprensible os rasgos característicos de cada unha delas. Tratamos de resaltar os elementos identificadores que permitan ao lector recoñecelas e apreciar os seus detalles construtivos, así como as particularidades do seu aparello e da súa manobra. Para cada embarcación amósase a súa relación con outros tipos de embarcacións e as principais funcións que realizaba. Do mesmo xeito, exponse a súa orixe e desenvolvemento históricos, na medida en que sexan coñecidos. Así mesmo, describimos tamén as diferentes variantes que moitas embarcacións presentan, según as diferentes actividades ás que eran destinadas ou a zona na que eran empregadas.


Dado que vai dirixida a un público non especializado, introducese información sobre temas xerais da náutica que resultan básicos á hora de falar de navegación e, especialmente, de navegación a vela. Todo isto orientase a facilitarlle ao lector a comprensión dunha serie de embarcacións cuxo aspecto e manexo moi son distintos dos que presentan as actuais.

Otros libros del autor