GUÍA DE COGOMELOS DUNARES DO LITORAL ATLÁNTICO GALEGO

GUÍA DE COGOMELOS DUNARES DO LITORAL ATLÁNTICO GALEGO. DO LITORAL ATLÁNTICO GALEGO

Editorial:
DO CUMIO
Año de edición:
Materia
MATEMATICAS Y CIENCIA
ISBN:
978-84-8289-387-7
Páginas:
192
Encuadernación:
Rústica
Disponibilidad:
Descatalogado

19,95 €

Os sistemas dunares son un exemplo de espazo ecolóxico onde sobrevivir é estremadamente difícil, pero a vida consegue finalmente evolucionar e adaptarse. Desta forma, un espazo que semella condenado a non ter vida, amósase ante os nosos ollos cunha biodiversidade tan grande que mesmo resulta difícil de crer.
Esta guía dá conta dun traballo de estudo e catalogación levado a cabo nos últimos 10 anos, co resultado da identificación de máis de 300 especies fúnxicas, nos areais e sistemas dunares do litoral atlántico galego. Consta dunha introdución, coa descrición do sistema dunar completo, os distintos hábitats, as plantas máis importantes, estratexias de adaptación e un catálogo de especies identificadas, con 80 fichas,
macro- e microfotografías a toda cor e observacións de todas as especies.
Agardo que este estudo sirva para axudar a divulgar a importancia deste espazo natural e así intentar que o coñecemento transmitido valla para conseguir unha maior protección, tanto a nivel individual como a nivel institucional.