GUITIRIZ

GUITIRIZ

Editorial:
CARLOS MEIXIDE
Año de edición:
Materia
MODERNA Y CONTEMPORÁNEA
ISBN:
978-84-947748-3-6
Encuadernación:
perfect
Disponibilidad:
En stock

Descuento:

-5%

Antes:

12,00 €

Despues:

11,40 €
Comprar



Carlos Meixide é unha desas persoas que se caracterizan polas súas múltiples actividades: xornalista, membro do dúo Os da Ría e, xa desde hai bastante tempo, narrador. Un narrador que foi pioneiro ao publicar, no ano 2005, a súa primeira novela O home inédito na Rede: unha proposta que anos despois vería a luz nunha edición en papel grazas a Rinoceronte Editora. Con todo, Meixide singularizouse no panorama literario galego por asumir con convicción a posible viabilidade dun proxecto profesionalizado que englobara a edición e mais a comercialización dos seus propios libros: unha dinámica arriscada, probablemente máis común do que pode semellar a primeira vista, e que no seu caso semella que satisfactoria porque a iniciativa leva consigo un material narrativo sólido e máis que defendible para quen se achegue a ela, sexa este un lectorado adolescente ou non.

Alén doutros proxectos que van vendo a luz da súa man quero salientar aquí a publicación de Guitiriz, pois vén asentar un proxecto iniciado coas novelas xuvenís Ons e Cans, pezas en que o autor abraza, a través do protagonismo de cinco personaxes comúns, tanto o espírito da narrativa de aventuras como o da novela de misterio, sen dar as costas tanto á exposición de asuntos cunha inequívoca resonancia social como o que ten que ver coa escolla de territorios ou espazos que nos son propios e que serven de pano de fondo para erixir unha trama concreta. Trama que, talvez nesta última entrega, destaca na súa orientación reivindicativa, ou se se quere política, ao verse involucrados os cinco protagonistas xuvenís nunha revolta veciñal que defende o comunitario fronte outros intereses e sempre ao fío da celebración do famoso Festival de Pardiñas que, dalgún xeito, se homenaxea.

En Guitiriz, como noutras novelas da serie, Meixide salienta a formulación de ofrecer unha narrativa abeirada ao entretemento e exhibe inequívoca soltura tanto na descrición de espazos e nos perfís singulares dos personaxes como na distribución acaída da trama argumental, descubríndose asemade como un excelente observador dos modos de relación da mocidade actual como, por exemplo, os da súa desinhibición diante dalgúns temas e tamén, porque moitas veces se esquece, os do seu compromiso coas causas xustas. Con todo, a aposta de Meixide vai máis alá de aplicar a coñecida fórmula de Enid Blyton dos cinco, pois ten as súas particularidades e diferenzas. Dun ou doutro xeito desexámoslle o mesmo éxito que obtivo a aínda hoxe recoñecida escritora inglesa: sería unha espléndida noticia para a nosa literatura xuvenil.



Esta recensión publicouse nas páxinas do suplemento Fugas, de La Voz de Galicia, o 20 de marzo de 2018.

cadernodacriticawordpress.com

Otros libros del autor

  • ONS
    -5%
    Titulo del libro
    ONS
    MEIXIDE, CARLOS
    En stock

    12,00 €11,40 €

  • INGE E ROBBIE
    -5%
    Titulo del libro
    INGE E ROBBIE
    MEIXIDE, CARLOS
    Unha parella holandesa en crise viaxa a Compostela. Ese é o punto de partida que posibilita unha fervenza de acontec...
    En stock

    12,00 €11,40 €