HISTORIA DA LITERATURA GALEGA II DE 1853 A 1916 O

HISTORIA DA LITERATURA GALEGA II DE 1853 A 1916 O. DE 1853 A 1916 O REXURDIMENTO

Editorial:
XERAIS
Año de edición:
Materia
Hª DE GALICIA
ISBN:
978-84-9914-764-2
Páginas:
440
Encuadernación:
Rústica
Disponibilidad:
RECÍBELO EN 72H

30,50 €
Comprar

Esta segunda entrega da Historia da Literatura Galega continúa o relato emprendido co primeiro volume, Historia da Literatura Galega I. Das orixes a 1853 (Xerais, 2013), e configura unha narración congruente e sólida que nos conduce agora pola etapa do Rexurdimento, desde os albores da renacenza literaria do idioma galego, a mediados do século XIX, deica a fundación das Irmandades da Fala en maio de 1916. Novamente da man de Xosé Ramón Pena, autor de referencia no espazo da historia da literatura, asistimos a unha fértil conversa coas diferentes ópticas investigativas sobre o período e mais os autores que o habitan.
Interpretar os textos literarios como parte dun organismo vivo, unha totalidade integrada cuxas propiedades xorden das interaccións e relacións entre as partes; considerar así mesmo a literatura como un produto ideolóxico que alcanza a súa plena dimensión na concomitancia social; participar da idea dun macrotexto como converxencia vertical dunha creación respecto doutras e, asemade, tamén como proxección horizontal onde a textualidade do autor amosa a súa individualidade: tal é o eixo, o motor que alimenta o esforzo destas páxinas. Unha historia da literatura galega que vén ser elemento esencial e indiscutíbel da propia historia do país e do seu idioma, á cal fornece ?e resulta fornecida? de consistencia e sentido. Desde a publicación d?A gaita gallega á convocatoria irmandiña de Antón Villar Ponte: velaí un percorrido que fascina.

Otros libros del autor

  • HISTORIA DA LITERATURA GALEGA III
    Titulo del libro
    HISTORIA DA LITERATURA GALEGA III
    PENA SÁNCHEZ, XOSÉ RAMÓN
    RECÍBELO EN 72H

    30,50 €

  • HISTORIA DA LITERATURA GALEGA I
    Titulo del libro
    HISTORIA DA LITERATURA GALEGA I
    PENA SÁNCHEZ, XOSÉ RAMÓN
    Coa presente Historia da Literatura Galega, da que este é o primeiro volume dos catro que conformarán a obra, pretén...
    RECÍBELO EN 72H

    30,50 €

  • A BATALLA DO PARAÍSO TRISTE
    Titulo del libro
    A BATALLA DO PARAÍSO TRISTE
    PENA SÁNCHEZ, XOSÉ RAMÓN
    Entre 1940 e 1941 Europa arde baixo as lapas da II Guerra Mundial. Fuxindo das bombas e da barbarie nazi, milleiros ...
    Disponible en 5 días

    20,95 €

  • COMO EN ALXERIA
    Titulo del libro
    COMO EN ALXERIA
    PENA SÁNCHEZ, XOSÉ RAMÓN
    Disponible en 5 días

    20,50 €

  • LA BATALLA DEL PARAÍSO TRISTE
    Titulo del libro
    LA BATALLA DEL PARAÍSO TRISTE
    PENA SÁNCHEZ, XOSÉ RAMÓN
    Entre 1940 y 1941 Europa arde bajo las llamas de la II Guerra Mundial. Huyendo de las bombas y de la barbarie nazi, ...
    Disponible en 5 días

    18,00 €