HISTORIA DA LITERATURA GALEGA IV

HISTORIA DA LITERATURA GALEGA IV. DE 1936 A 1975. A " LONGA NOITE "

Editorial:
XERAIS
Año de edición:
Materia
ESTUDIOS LITERARIOS
ISBN:
978-84-9121-481-6
Páginas:
544
Encuadernación:
Rústica
Disponibilidad:
RECÍBELO EN 72H

28,50 €
Comprar

Con este cuarto volume, Xosé Ramón Pena continúa o ambicioso relato da nosa historia literaria que iniciou hai máis de cinco anos e que conta cos seguintes títulos: «Historia da Literatura Galega, I. Das orixes a 1853» (Xerais 2013); «Historia da Literatura Galega II. De 1853 a 1916. O Rexurdimento» (Xerais 2014); «Historia da Literatura Galega III. De 1916 a 1936. A xeira das Irmandades» (Xerais 2016), e «Historia da Literatura Galega IV. De 1936 a 1975: A longa noite» (Xerais 2019).
En liña co labor anterior, o autor alicerza unha narración documentada da etapa que transcorre entre as tráxicas xornadas de xullo de 1936 e os últimos días de 1975. Trátase do período da «longa noite de pedra», a partir do célebre título de Celso Emilio Ferreiro, pero tamén, desde mediados dos anos 60 e ao longo da primeira metade dos 70, do momento en que se anuncia a alborada do Segundo Rexurdimento das nosas letras, que se habería de producir tras a fin da ditadura franquista e a restauración das liberdades democráticas en España. Corenta anos de sombras e de marxinación, pois, mais tamén corenta anos de loita, de esperanzas e de logros decisivos, alumeados polas luces escintilantes dalgúns dos nomes e dos textos máis significativos na traxectoria das letras de noso.
Percibir a obra literaria como parte dun organismo vivo, resultado da interacción constante entre a mobilización galeguista/nacionalista e os proxectos dos diferentes autores; considerala nas coordenadas socioculturais e sociopolíticas; procurar a textualidade de cada creador; abordar o macrotexto que se conforma nas súas converxencias verticais e horizontais, todo iso determina a proposta que Xosé Ramón Pena leva a termo, alén de prexuízos e de clixés, ao longo destas páxinas. Sen dúbida, un percorrido a través dun tempo tan cheo de dificultades como fascinador.

Otros libros del autor

  • TODAS LAS VIDAS
    Titulo del libro
    TODAS LAS VIDAS
    PENA, XOSÉ RAMÓN
    Todas las vidas es un libro inspirado en la canción de Sabina “La del pirata cojo”. El libro de las vidas soñadas d...
    Disponible en 1 semana

    18,90 €

  • EN TEMPO DE DESCONTO
    Titulo del libro
    EN TEMPO DE DESCONTO
    PENA, XOSE RAMON
    Xosé Ramón Pena é esa clase de autor que pertence á mellor tradición de contistas do noso país. Este libro de relato...
    RECÍBELO EN 72H

    21,50 €

  • OBRA POÉTICA DE FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN
    Titulo del libro
    OBRA POÉTICA DE FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN
    PENA, XOSÉ RAMÓN
    As Letras Galegas 2022, dedicadas a Florencio Delgado Gurriarán, permiten a redescuberta dun autor inserido nas coor...
    RECÍBELO EN 72H

    21,95 €

  • MARTÍN CODAX E OS XOGRARES DO MAR DE VIGO
    Titulo del libro
    MARTÍN CODAX E OS XOGRARES DO MAR DE VIGO
    PENA, XOSÉ RAMÓN
    A literatura trobadoresca galego-portuguesa constitúe un dos tesouros que conforman o mellor legado da historia do n...
    Disponible en 5 días

    14,50 €

  • TEMPO DAS IRMANDADES. ANTOLOXÍA DE POESÍA
    Titulo del libro
    TEMPO DAS IRMANDADES. ANTOLOXÍA DE POESÍA
    PENA, XOSE RAMON
    Disponible en 5 días

    12,00 €