HISTORIA DE CALÍRROE

HISTORIA DE CALÍRROE

Editorial:
RINOCERONTE
Año de edición:
ISBN:
978-84-17388-02-7
Encuadernación:
RÚSTICA
Disponibilidad:
RECÍBELO EN 72H

16,00 €
Comprar


Caritón de Afrodisias
TRADUCIÓN DO GREGO ANTIGO DE ANA GLORIA RODRÍGUEZ ALONSO

Historia de Calírroe, obra de Caritón de Afrodisias, pódese considerar a primeira novela de Occidente que conservamos íntegra. Aínda que a súa data de composición ten sido obxecto de controversia, hai unanimidade en considerala o primeiro exemplo de obra completa conservada do último dos xéneros literarios xurdido en Grecia e que pervive, mutatis mutandis, nos nosos días.

É por iso que a súa tradución ó galego viría completar o repertorio de obras inaugurais dos distintos xéneros literarios occidentais.

Os achádegos papiráceos amosan que na súa época debeu ter ampla difusión, aínda que posteriormente caeu no esquecemento á sombra doutras novelas máis barrocas e refinadas que resultaban máis do gusto dos bizantinos.

A súa temática baseada no enredo amoroso mesturado coas peripecias aventureiras que levan os seus protagonistas a viaxes e perigos extremos ata acadar un final feliz, segue a ter éxito garantizado no contexto actual. Este carácter popular non merma a súa calidade literaria, recoñecida pola crítica actual, sendo especialmente salientable a súa elaborada estrutura e o seu estilo vivo, ás veces preto do cinematográfico, en apariencia sinxelo, o que fai que a súa lectura resulte grata para un lector de hoxe en día.


Esta obra recibiu unha axuda da Secretaría Xeral de Cultura, Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, na convocatoria de axudas para a tradución do ano 2017.