HISTORIA DE ESPAÑA

HISTORIA DE ESPAÑA

Editorial:
BAIA
Año de edición:
Materia
INFANTIL Y JUVENIL
ISBN:
978-84-92630-09-7
Páginas:
432
Encuadernación:
Rústica
Disponibilidad:
Disponible en 5 días

36,40 €

No deseño do Bacharelato de Galicia, a materia de Historia pretende achegar ao alumnado ao estudo dos feitos e procesos históricos que configuran o Estado español, cun nivel de profundización que lle permita coñecer os seus trazos máis significativos.

Tendo en conta o obxectivo básico, os autores defenden un modelo explicativo do cambio histórico de carácter global e dialéctico, baseado na distinción de diferentes sistemas configurados por uns trazos sociais, políticos e económicos, culturais e ideolóxicos específicos, que se desenvolven nun período de tempo determinado pero que, pola súa propia evolución e pola actuación dos individuos e grupos sociais que o compoñen, cambia, tras un proceso máis ou menos longo de crise, cara a outro novo e claramente diferenciado do anterior.

Seguindo estes criterios, os autores presentan unha distribución dos contidos históricos en catro grandes bloques temáticos divididos, á súa vez, en unidades temáticas: As raíces históricas, o Antigo Réxime, o Réxime liberal e República, ditadura e democracia. En canto ao tratamento dos contidos, combínase a análise temática e sectorial coa cronolóxica; así mesmo, a explicación conceptual, a reconstrución das ideas político-ideolóxicas que moven á sociedade e a explicitación dos grandes trazos característicos precede, normalmente, á narración dos feitos. Cómpre advertir que non se abordan neste manual contidos de carácter cultural e artístico, un criterio adoptado fundamentalmente porque o tempo imprescindíbel para podelos tratar faría case imposíbel abordar os estritamente históricos que figuran no extenso DCB desta materia no tempo asignado ao longo dun curso académico.

Como estratexia de ensinanza-aprendizaxe, os autores defenden un modelo integrador onde se combina a aprendizaxe por recepción e por descubrimento. Así, a presentación dos contidos conxuga a información explícita para comprender os fenómenos históricos coa reconstrución e verificación de parte da información por parte do alumnado mediante a lectura e comentario de numerosos documentos históricos que aparecen integrados no texto.

Otros libros del autor

  • HISTORIA DE ESPAÑA 2º BACHARELATO SEGUNDO
    Titulo del libro
    HISTORIA DE ESPAÑA 2º BACHARELATO SEGUNDO
    ALFEIRÁN RODRÍGUEZ, XOSÉ ; BREA PEDREIRA, ANA ; ROMERO MASIÁ, ANA
    No deseño do Bacharelato de Galicia, a materia de Historia pretende achegar ao alumnado ao estudo dos feitos e proce...
    Descatalogado

    38,50 €