CARNEIRO REY, JUAN A. ; RODRÍGUEZ VÁZQUEZ, MIGUEL A.
"Os autores da Historia de Mugardos decidiron face-la historia do actual concello, é dicir, do espacio local de 12,73 quilómetros cadrados que comprende a demarcación administrativa do concello de Mugardos coas catro parroquias de Mugardos, Franza, Meá e Piñeiro.
Pero o concello de Mugardos non existe antes de 1833. Por conseguinte, os autores teñen que facer un esforzo non común para encaixar ou resucita-la información histórica recibida no marco do actual concello.
Cando se describe a historia antiga o lector debe ter en conta que os habitantes deste espacio pertencían ó populus ártabro ou arrotreba, tribo situada no golfo ártabro e que se estendía por un gran territorio moi superior (o actual concello de Mugardos), da mesma maneira, os xacementos e restos arqueolóxicos atopados no territorio pertencían a unha comunidade moito máis ampla e na que teñen que integrarse para ser axeitadamente interpretados. (..)”
“hai detrás das páxinas deste libro un esforzo continuado , xeneroso e intelixente que revela a capacidade investigadora dos autores, me permito agradecer ós profesores Carlos Caneiro Rey e Rodríguez Vázquez o regalo que nos fan dun cacho de historia de Galicia en galego, lingua tan fermosa e nosa, na que está escrita esta obra importante.”
(Xosé Ramón Barreiro Fernández, Catedrático de Historia de Galicia na Universidade de Santiago de Compostela e Presidente da Real Academia Galega)