HISTORIA DO ANTIGO CONCELLO DE CONXO

HISTORIA DO ANTIGO CONCELLO DE CONXO

Editorial:
ALVARELLOS
Año de edición:
Materia
HISTORIA
ISBN:
978-84-18567-83-4
Páginas:
208
Encuadernación:
Rústica
Disponibilidad:
RECÍBELO EN 48H

19,90 €
Comprar

O histórico barrio de Conxo, ao sur de Santiago de Compostela, foi concello independente durante case un século, entre 1835 e 1925. Da súa estación de ferrocarril partiu a primeira liña de tren de Galicia e nel naceu a fundadora da literatura galega moderna, Rosalía de Castro. Conxo protagonizaría loitas imprescindibles para entender hoxe a mellora das condicións de vida da clase traballadora, dende o Banquete democrático de 1856 ata os movementos obreiros de 1898, pasando pola creación e mantemento da súa Sociedade Benéfica.
Ademais, o Conxo histórico das oito parroquias mantén un valiosísimo patrimonio, con tesouros únicos: a memoria milenaria do seu petróglifo e castro, o románico do seu antigo mosteiro, o barroco da actual igrexa parroquial, ou a fortaleza da Rocha, símbolo das loitas dos irmandiños contra os señores feudais.

De todo isto, e tamén da vida cotiá no concello, do seu asociacionismo, e do papel das mulleres, trata este valioso volume. Participan dez especialistas con novos traballos de investigación, historiadores e historiadoras que levan a cabo unha reconstrución.