HOMENAXE A FERROL VELLO

HOMENAXE A FERROL VELLO. BARRIO DE "FERROL VIEJO" EN GALEGO

Editorial:
EMBORA
Año de edición:
ISBN:
978-84-16456-01-7
Páginas:
253
Encuadernación:
paperback
Disponibilidad:
En stock

Descuento:

-5%

Antes:

20,00 €

Despues:

19,00 €
Comprar


Autor: Burgoa, J. J. e Llorca, Guillermo
Colección: Fora de colección
Formato: 15x23 cm
Edición: xuño 2015
Idioma: galego
Páxinas: 254
Encuadernación: rústica
ISBN: 978-84-16456-01-7

Guillermo Llorca e Juan J. Burgoa coordinan este traballo no que fan un percorrido pola historia e o patrimonio de Ferrol Vello. Nel se inclúen artigos sobre a historia medieval e moderna do barrio, sobre a antiga igrexa parroquial de San Xulián e sobre as súas rúas e prazas, así como as súas festas e tradicións. A historia das instalacións portuarias, das súas lanchas e embarcacións, ou do seu patrimonio industrial, entre outros temas, completan as páxinas deste libro.

En Homenaxe a Ferrol Vello participan os escritores: Pilar Blanco, Ana Martín, Rosa Méndez, Alfredo Alcalá, Jorge M. Deza, Fernando Dopico, Justino Fernández Negral, Eliseo Fernández, Bernardo Máiz, Alberto Moreno-Bermúdez, Álvaro Porto e Juan A. Rodríguez-Villasante, ademais dos pintores Juan Rodríguez Soto, autor da portada e contraportada do libro, e Julio Ferrín, autor das diferentes ilustracións dos lugares emblemáticos do barrio.


Índice
Burgoa Fernández, Juan J. - Paseo pola historia de Ferrol Vello
Dopico Blanco, F. - A vila de Ferrol no transcorrer da Baixa Idade Media á Modernidade: Aspectos da súa munipalización, economía e fiscalidade (séculos XIII-XVI)
Blanco Vidal, P. - Ferrol Vello ante o auxe da nova poboación - séculos XVIII e XIX
Méndez Fonte, R. - A antiga iglesia de San Xulián de Ferrol
Moreno-Bermúdez e Bouza A.- O Pazo da Mercede, ou a casa dos Bermúdez en Ferrol Vello
Rodríguez-Villasante Prieto J. A. - Instalaciones portuarias históricas del entorno de Ferrol Vello
Central Librera - Calle Dolores 2 Tfno 981 35 27 19
Máiz Vázquez B. Quen non cruzou a ría / na lancha Chiribía
Fernández Negral, Justino - Actividad Industrial en Ferrol Vello y Espacio Portuario
Fernández, E. - Sindicalismo e cultura obreira en Ferrol Vello
Ferrín Gómez J.M.- Gravados de Ferrol Vello
F.T.V. Referencias Literarias e Históricas
Porto Dapena, A. - Reflexiones filolóxicas sobre "Ferrol Vello", "A Parrocheira" e "Curuxeiras"
Alcalá Navarro, A. - El ayer, el hoy y el mañana de Ferrol Vello
Llorca Freire, G - A rúa do Cárcere - un microcosmos do Barrio de Ferrol Vello
Martín García, A. - Ferrol Bello con B
Deza, J. M. - Bosquexos históricos do deporte en Ferrol Vello
Ao longo das 250 páxinas da publicación os devanditos Guillermo Llorca e Juan J. fan un percorrido pola historia e o patrimonio de Ferrol Vello, acompañados dunha serie de estudosos e coñecedores do barrio ferrolán: Pilar Blanco, Ana Martín, Rosa Méndez, Alfredo Alcalá, Jorge M. Deza, Fernando Dopico, Justino Fernández Negral, Eliseo Fernández, Bernardo Máiz, Alberto Moreno-Bermúdez, Álvaro Porto e Juan A. Rodríguez-Villasante, ademais dos pintores Juan Rodríguez Soto, autor da portada e contraportada do libro, e Julio Ferrín, autor das diferentes ilustracións dos lugares emblemáticos do barrio.

O traballo parte da consideración de que a historia de Ferrol e o seu Patrimonio Cultural se escribe tendo en conta a historia dos seus barrios. Nun intre no que o fulgor neoclásico de Ferrol da Ilustración puidera cegalos nosos ollos, esquecendo outras épocas e outros barrios históricos, coido que é o momento de lembrar ao barrio de Ferrol Vello que vai sufrindo de forma paulatina a perda do seu patrimonio material e intanxible.

En contraste coa urbe racional, creada no século XVIII arredor do Arsenal Militar polos barrios de nova planta da Madalena e de Esteiro, artellados pola Alameda, atópase o antigo barrio de Ferrol Vello formado no medievo, dedicado á pesca e á salgadura en contraste co outro barrio histórico, o barrio alto de Canido, dedicado á agricultura.

Ao longo da publicación faise un percorrido pola historia medieval e moderna do barrio, pola antiga igrexa parroquial de San Xulián de Ferrol, polo Pazo da Mercede, pola identidade das súas rúas e prazas, polas súas festas e tradicións, pola historia das instalacións portuarias, das súas lanchas e embarcacións, polo estudo dos seus topónimos e apelativos, polo seu Patrimonio Industrial, o sindicalismo e a cultura do traballo, polo pasado, presente e futuro do barrio desde o punto de vista do Urbanismo e a Arquitectura, e pola visión dos escritores e poetas.

Como escriben os seus autores, aquí está o patrimonio histórico e inmaterial de Ferrol Vello. Agora teñen que actuar os poderes públicos e a iniciativa privada para a rehabilitación do barrio, as súas rúas e as súas construcións.

A progresiva entrada en función do porto exterior ferrolán va a traer consigo un amplo espazo libre, lugar que se deberá destinar de forma axeitada ao uso cidadán, recobrando o estreito contacto coa mar que tiñan os veciños tempo atrás, sempre tendo en conta que as fachadas marítimas e os barrios costeiros son lugares moi fráxiles e sensibles ás posibles actuacións. Quizais algún día Ferrol irá deixando de ser unha cidade simplemente costeira para ser unha cidade realmente aberta ao mar.

galiciaartabradigital