ISAAC DIAZ PARDO CRONICA DUNHA FECUNDA AMIZADE

ISAAC DIAZ PARDO CRONICA DUNHA FECUNDA AMIZADE. CRONICA DUNHA FECUNDA AMIZADE

Editorial:
BOLANDA
Año de edición:
Materia
BIOGRAFÍAS
ISBN:
978-84-616-9448-8
Páginas:
424
Encuadernación:
Rústica
Disponibilidad:
Consulte previamente la disponibilidad

26,00 €




Portada

Ocio y Cultura
Cartelera
Fugas

Temas
Las indemnizaciones de NCG
Gowex
Di Stéfano
Primarias en el PSOE
Caso Nóos
Operación Pokémon
Holanda-Argentina
Fernando Vázquez

0 Share on facebook Share on twitter Share on google_plusone_share Share on meneame

Útil


Un libro cada día
«Crónica dunha fecunda amizade»
P. C.
Santiago / La Voz 10 de julio de 2014 05:00
0 votos

O incombustible Neira Vilas lanza unha nova publicación dentro da súa fecunda carreira. Isaac Díaz Pardo. Crónica dunha fecunda amizade é unha homenaxe, como ben di o título, a unha amizade fraguada ao longo do tempo entre o escritor e o artista con dous continentes de por medio. A relación comezou en Bos Aires en 1955, cando o autor de Gres comezara os seus estudos de Xornalismo e Díaz Pardo era xa un pintor consagrado que encamiñaba o seu traballo á cerámica. Seguíronse comunicándose logo, a pesar da distancia que os separou, e viviron varios encontros. Todos eles son relatados na primeira parte do libro e recollidos rigorosamente por datas, que se multiplican cando Neira Vilas se asentou definitivamente en Galicia e tivo ocasión de coincidir co artista en numerosas actividades sociais e culturais ata o 26 de outubro de 2011, no último dos seus encontros, dous meses antes do pasamento de Díaz Pardo. A segunda parte do libro, ben diferenciada pola cor do papel, recolle cerca de 300 cartas cruzadas polo matrimonio de Neira Vilas e Anisia con Díaz Pardo. Algunha delas, reproducidas co mesmo puño e letra dos seus autores, dous xigantes da cultura galega.

Crónica dunha fecunda amizade, de Xosé Neira Vilas

Edicións Bolanda.

426 páxinas.

26 euros.

Otros libros del autor