KALEVALA

KALEVALA

Editorial:
RINOCERONTE
Año de edición:
ISBN:
978-84-92866-97-7
Páginas:
430
Encuadernación:
Rústica
Disponibilidad:
RECÍBELO EN 72H

24,00 €
Comprar

O Kalevala é a “epopea nacional finlandesa” compilada por Elias Lönnrot, marcada coma un fito da literatura finesa e como un dos grandes traballos en verso da literatura universal. A primeira edición do Kalevala publicouse en 1835, tras viaxar o seu compilador por todo o país recollendo pezas folclóricas finlandesas entre 1828 e 1834. Cando se publicou esta obra, Finlandia era un gran ducado autónomo, pero ata 1809 fora parte do Reino Sueco. Deste xeito, o Kalevala converteuse nun símbolo da cultura, lingua e do pasado de Finlandia e contribuíu a construír a identidade do país.

Tras a primeira edición do Kalevala, Lönnrot recolleu máis de 130 000 versos de poesía e a partir da edición anterior incorporou estes versos e publicou un Novo Kalevala, con data de 1849, que é a obra que os finlandeses len na escola e a base para a maioría das 60 traducións existentes desta obra.

A lenda, o mito e a evocación poética enlázanse perfectamente no Kalevala, erixindo un mundo habitado por heroes de carne e óso, que oscilan entre o humano, o divino e o esperpéntico. Por iso os actos dos personaxes do Kalevala están ateigados de extravagancias e deslices humanos.

En Finlandia, mesmo existe un Día Kalevala, que se celebra o 28 de febreiro, dende 1865, na Universidade de Helsinki, e dende 1978 recoñécese como un festivo nacional, para render tributo a esta obra cume da mitoloxía e do folclore do país.

A tradución ao galego da obra Kalevala é unha iniciativa ambiciosa pero necesaria para conectar a nosa cultura coa do Norte de Europa, xa que ata agora non existía ningunha edición no noso idioma.


+