LA IBENSE UNA HELADERÍA ARTESANA EN FERROL

LA IBENSE UNA HELADERÍA ARTESANA EN FERROL. FERROL DESDE IBI CIUDAD RELACIONES

Editorial:
EMBORA
Año de edición:
ISBN:
978-84-92644-49-0
Páginas:
116
Encuadernación:
perfect
Disponibilidad:
En stock

15,00 €
Comprar

La Ibense, para los jovenes de ahora será un nombre totalmente desconocido pero para los ya mayorcitos cabria recordar que se trataba de un céntrico y acogedor local situado entre dos calles, la de la Iglesia, con su exquisita heladeria- horchatería y
Canton de Molins, número 4, con café, cerca de otro lugar que los abuelos de hoy recordarán como las Bodegas Las Manchegas…

(José Llorca)

Un reducido, pero acogedor local, bien regentado por el padre del autor del libro, el señor José Llorca

(Amelia Freire)

Guillén, fallecido en octubre del 2005 y que fué, entre otros aspectos, espejo de caballerosidad, personalidad, siempre serio, observador, pero amable, cordial y gran profesional, haciendo de este café/heladería, junto con su esposa Amelia Freire , un lugar apropiado `para el descanso y la distracción, sobre todo en verano, al poderse uno refrescarse con los sabrosos helados y la rica horchata que se servía y donde muchos ferrolanos han sabido siempre apreciar el buen gusto de sus productos.

Aunque el Sr Llorca, al que tuve el privilegio de tratar, no solamente era conocido en este actividad, sino en el mundo de la cultura, dado su siempre especial interés y atencion por el arte y todo lo relacionado con lo cultural que no dudo supo inculcar, especialmente en mi apreciado Guillermo y su hermano el destacado pintor Jorge.

La IBENSE, era ese local local de los tiempos de aquel otro Ferrol, de los desaparecidos cafés Negresco, La Mezquita, Suizo, Cervantes, Rubalcava…refrescos Danzón, Los Peares, casa Florencio, O Tenderete, Casa Zamora, La Alhambra, Casa Calvo, El Patio, La Fortuna, Gran Peña, Gato Negro, La Riveirana, Salto do Lobo, La Giralda, Casa Senra, Fornos, etc


Ferrol
La Ibense na memoria colectiva
Guillermo Llorca Freire
24 de diciembre de 2012 05:00
8 votos

Na imaxe pódese ver un carriño de La Ibense na antiga praza de Armas Na imaxe pódese ver un carriño de La Ibense na antiga praza de Armas
O empresario Vicente Llorca posa no negocio xunto aos seus dos netos, Guillermo, o autor do libro, e Jorge. ÁLBUM FAMILIAR
Amelia y Pepe, pais do autor, estiveron no negocio ata 1986 Amelia y Pepe, pais do autor, estiveron no negocio ata 1986

O historiador Guillermo Llorca acaba de publicar o libro «La Ibense, una heladería artesana en Ferrol» da man de Embora. Neste artigo fai un repaso rápido polo significado deste emblemático establecemento situado no Cantón.

Resúltame difícil resumir sesenta e dous anos da historia de La Ibense nestas apertadas liñas e aínda máis poder explicar como esta xeadería permanece viva hoxe na memoria colectiva de moitos ferroláns. O seu nacemento foi froito dunha emigración andoriña que levou a fins do século XIX a un grupo de modestos emprendedores de Ibi (Alicante), por diferentes lugares de España para montar os primeiros obradoiros artesanais para a elaboración dos xeados e dos que nacería o nome de La Ibense. Un destes pioneiros foi Carlos Rico Fuster que o día 24 de xuño de 1924 asomaba nas páxinas do xornal local El Correo Gallego. Velaí un pequeno resume do cronista:

La diosa Casualidad nos ofreció ayer ocasión de conocer una nueva industria recientemente instalada en nuestra localidad. Trátase de un establecimiento situado en el número 130 de la calle Magdalena (...) El jefe de La Horchatería Moderna (...) nos invitó a adentrarnos en el obrador, presenciando la fabricación de sabrosos mantecados por maquinaria americana modernísima.

E aquí entra o meu avó Vicente Llorca como encargado do devandito establecemento, que chega á nosa cidade acompañado dunha cuadrilla de operarios que atendían o negocio e tiraban duns carriños con rodas de madeira mentres anunciaban por rúas e prazas as diferentes variedades de xeados. Rematada a tempada estival retornaban aos seus fogares levantinos. Á volta do ano seguinte a demanda dos clientes anima a Carlos Rico a montar outro obradoiro nos xardíns de Suances, nun pequeno templete de inspiración modernista, que fora deseñado polo sobranceiro arquitecto Rodolfo Ucha e que, como outras arquitecturas efémeras da cidade, foi derrubado en 1928. Esta emigración estacional interrómpese coa morte do activo empresario e, a partir de 1933, Vicente Llorca establécese coa súa familia en Ferrol asentando definitivamente La Ibense en Cantón 4, onde vai permanecer ata o 1 de maio de 1986, cando os meus pais, Pepe e Amelia, deixan o negocio familiar, despois da súa xubilación. Lembro dende a miña infancia que a tradición familiar mantiña a idea de que os meus avós, coñecidos tamén como Los Valencianos, foron os primeiros en introducir en Ferrol tanto os xeados, como a horchata, a limonada e as patacas fritidas, pero os historiadores sabemos que a historia oral é unha fermosa fonte de coñecemento, pero que como documento hai que cuestionala e a dicir verdade, a miña familia non foi pioneira na chegada deste produtos consumidos pola clase media e alta da sociedade ferrolá no seu tempo de ocio. Entón cabe preguntarse a que se debe o seu ben merecido prestixio gañado ao longo de tantos anos? A resposta e ben sinxela: a calidade das materias primas naturais e á súa elaboración paciente e minuciosa.

Só queda por explicar por qué para varias xeracións de ferroláns La Ibense foi considerada como a segunda casa de moitos clientes. A explicación é tamén sinxela: porque naqueles tempos ofrecía un ambiente moi familiar, onde os pais tiñan a seguranza de que as súas fillas podían pasar unha tarde cos seus noivos formais xogando ao parchís, as nais podían conversar coas amigas e veciñas mentres os seus fillos xogaban libremente polo Cantón, os homes botar unha partida de cartas sabéndose localizados polas súas donas e os xoves conspirar cos seus compañeiros de estudos sobre as maneiras de cambiar o mundo o de realizar os seus sonos de futuro. A todo iso uníanse uns cantos camareiros profesionais, como Platas, Paco ou Javier, que coñecían os gustos dos clientes e atendían con prontitude, pulcritude e seriedade as súas demandas.

Estas son algunhas das razóns polas que o doce sabor dos xeados permanece gustoso no padal de moitos ferroláns, protagonistas desta historia local.


Autor: Llorca, Guillermo
Colección: Biblioteca de Ferrolterra
Formato: 13x21 cm
Edición: 2012
Idioma: castellano
Páginas: 112
Encuadernación: rústica
ISBN: 978-84-92644-49-0

Guillermo Llorca nos ofrece un libro en el que confluyen los datos históricos constatados documentalmente, los recuerdos personales y las memorias evocadas de algunos clientes de la emblemática heladería ferrolana La Ibense, centro de reunión y de esparcimiento de las clases medias que, en la primera década del siglo pasado, conocieron la existencia de un dulce llamado helado.

El libro recoge los antecedentes familiares y empresariales de las primeras heladerías españolas, gracias al esfuerzo de los naturales de Ibi (Alicante) y el impacto de sus productos en Ferrol, no solo desde el punto de vista económico y comercial, sino también, y muy especialmente, desde el de las relaciones sociales de una pequeña ciudad.

***

Guillermo Llorca ofrécenos un libro no que conflúen os datos históricos constatados documentalmente, os recordos persoais e as memorias evocadas dalgúns clientes da emblemática xeadería ferrolá La Ibense, centro de reunión e esparexemento das clases medias que, na primeira década do século pasado, coñeceron a existencia dun doce chamado xeado.


O libro recolle os antecedentes familiares e empresariais das primeiras xeadería españolas, grazas do esforzo dos naturais de Ibi (Alacante) e o impacto dos seus produtos en Ferrol, non só desde o punto de vista económico e comercial senón tamén, e moi especialmente, dende o das relacións sociais nunha pequena cidade.

Otros libros del autor