LATEXOS DUNHA LABREGA

LATEXOS DUNHA LABREGA

Editorial:
ANA VILA PORTOMEÑE
Año de edición:
ISBN:
978-84-617-6754-0
Páginas:
120
Encuadernación:
Rústica
Disponibilidad:
Consulte previamente la disponibilidad

12,00 €

Gandeira no lugar de Vila, parroquia de Meixonfrío (Taboada), entre labor e labor encontra a inspiración para escribir poesía.

Comezou publicando en castelán Algo de mi con mucho de ti (2014): recolle «algúns dos sentimentos e das palabras» que lle surxen cando se atopa diante dunha paisaxe determinada ou cando recorda algunha vivencia relacionada coa familia, os amigos, os animais[1]. Son poemas con sentires que din algo da autora, que transmiten diferentes visóns dela mesma.

En 2017 publica en galego Latexos dunha labrega[2], 90 poemas en 115 páxinas. Son unha homenaxe á terra da que se sente orgullosa e tamén á Muller, sobre todo á muller rural ou mariñeira:
Muller de aldea,
muller labrega,
son as túas mans
agarimo da terra.


Tes a luz de cada estrela,
a beleza da lúa chea,
o traballo feito lenda,
un regazo calmando pena,
abrigo que a todos chega
e gran corazón sen fronteira[3].

No poema, A vaca galega, expón:
Esa vaca desperta
de paisaxes ledas
vai facendo casa
de comida chea
xunguida ás estrelas.


Rubia, pinta ou cachena,
moreniña ou pasiega,
cada unha á súa maneira,
ningunha como a galega[4].

E en 2018 publica tamén en galego Pintasías. Pesías e debuxos. Os poemas van acompañados dos debuxos que fixo o seu fillo Brais para que os nenos e as nenas gocen da poesía . Son tamén unha homenaxe aos avós e ás avoas que tanto tempo pasan cos netos por amor. A palabra pintasías remite a pinturas + poesías.
Obras

Algo de mi con mucho de ti (2014), Ed. da autora, ISBN 978-84-617-2923-4
Latexos dunha labrega (2017), Ed. da autora, ISBN 978-84-617675-4-0
Pintasías. Poesías e debuxos (2018), Ed. da autora, ISBN 978-84-697-9610-8

Notas

"Ana Vila, unha gandeira poeta. La Voz de Galicia. 07/03/2015". Consultado o 19/03/2018.
"Catalogo BNE". Consultado o 19/03/2018.
"La Torre de los sueños Esmeralda". Consultado o 19/03/2018.

"Os latexos poéticos de Ana Vila Portomeñe. García, Xosé Lois. Galicia Dixital". Consultado o 19/03/2018.

Véxase tamén
Ligazóns externas

High-contrast-camera-video.svg A taboadesa Ana Vila fala no Día Internacional da Muller da muller labrega e da súa poesía, Consultado o 19/03/2018
High-contrast-camera-video.svg Ana Vila presenta en Taboada o poemario “Latexos dunha labrega”, Consultado o 19/03/2018
High-contrast-camera-video.svg Ana Vila presenta a súa obra 'Pintasías' polo Día da Muller en Taboada, Consultado o 19/03/2018
Verso a verso: a poesía de Ana Vila Portomeñe, Consultado o 19/03/2018
Canle de YouYube de Ana Vila Portomeñe, Consultado o 26/05/2018

Wikipedia

Otros libros del autor

  • PINTASÍAS
    Titulo del libro
    PINTASÍAS
    VILA PORTOMEÑE, ANA
    ?Que os soños te leven onde o teu corazón sexa sempre feliz. Que a mente medre cada día con ilusión, onde non falt...
    Agotado

    10,00 €

  • ALGO DE MÍ CON MUCHO DE TI
    Titulo del libro
    ALGO DE MÍ CON MUCHO DE TI
    VILA PORTOMEÑE, ANA
    Gandeira no lugar de Vila, parroquia de Meixonfrío (Taboada), entre labor e labor encontra a inspiración para escrib...
    Consulte previamente la disponibilidad

    12,00 €