Un destacado científico e inventor, Martial Canterel, alter ego do propio Roussel, recibe a visita dunha serie de colegas e amigos aos que guía durante un demorado paseo pola súa propiedade, o parque Locus Solus. Conforme avanza a xornada o anfitrión amósalles as súas invencións, que espalladas polo xardín a modo de marabillas, presentan uns niveis de complexidade e estrañeza cada vez maiores.
Locus Solus, publicada orixinalmente en 1914, é unha das novelas máis estrañas da literatura universal. Está escrita a partir das técnicas narrativas inventadas por Roussel, onde desempeñan un papel importante os xogos de palabras.
O texto, alicerzado sobre repeticións e diversas acumulacións de palabras á maneira das parénteses nos cálculos alxébricos, está considerado unha obra mestra da desestruturación. A voz de Roussel representa a independencia máis absoluta en confrontación co canon literario. Así llo recoñeceron Gide, Giacometti, Perec, Duchamp, Éluard, Breton, Foucault... É difícil falar das vangardas, especialmente do surrealismo, sen destacar a influencia que sobre estas tivo Locus Solus.
ESPECIFICACIÓNS
20 x 13.5cm
Lingua galega
Colección XX
978-84-939647-4-0
CRÍTICA
Liber Solus, de Xosé M. Eyré
Un descoñecido de sona, de Manuel Rodríguez Alonso
Un experimento verbo das fronteiras da literatura, de Francisco Martínez Bouzas
Autor: Raymond Roussel
Páxinas: 296
Traducido: do francés por Isabel Soto e Xavier Senín