LOUCINE

LOUCINE

Editorial:
FERVENZA
Año de edición:
Materia
MODERNA Y ACTUAL
ISBN:
978-84-19840-09-7
Páginas:
111
Encuadernación:
Rústica
Disponibilidad:
En stock

17,00 €
Comprar

Obra gañadora do VIII Concurso Balbino de Relatos. Tal e como describe a propia autora, “Loucine é unha bágoa esvarando lentamente pola meixela e dará nome á máis profunda soidade e á máis absoluta derrota. Pero se de toda esa desolación e dese estrago se logra saír, se se pode arrincar un chisco de luz na escura noite da destrución, se na fin do mundo volve amencer... entón non está todo perdido. A morte non sempre é o final, o esquecemento si”. Loucine destaca polo gran traballo na caracterización dos personaxes nunha historia que atrapa pola intriga e que é quen de reflectir, con notable habelencia, unha sinfonía de soidades na que todos os seres deste relato atopan o seu lugar no mundo.

Otros libros del autor