MADAME DE TREYMES

MADAME DE TREYMES. GALEGO

Editorial:
BULULU
Año de edición:
Materia
CLÁSICA
ISBN:
978-84-18667-98-5
Páginas:
120
Encuadernación:
Rústica
Disponibilidad:
RECÍBELO EN 72H

18,50 €
Comprar

Edith Wharton analiza e critica como os costumes e lazos sociais afogan as esperanzas de alcanzar a felicidade dunha muller nunha familia francesa de principios do século XX. Atrapada nun matrimonio infeliz, o divorcio parece impensable para a poderosa familia do seu marido, até que o seu namorado John Durham se reúna coa enigmática Madame de Treymes, a única que quizais poida dar o seu brazo a torcer. Cunha solvencia narrativa fóra de toda dúbida, a autora crea personaxes profundos e intensos, que se debaten entre o amor romántico e o amor familiar.

Madame de Treymes inicia a nosa colección re-Clásicos, na que daremos unha nova vida a textos universais, con traducións actualizadas e un deseño e ilustracións de artistas contemporáneos.


Edith Wharton

Edith Wharton (Nova York, 1862) foi a primeira muller gañadora do Premio Pulitzer por unha obra de ficción, en ser nomeada Doutora honoris causa pola Universidade de Yale, e en recibir unha medalla de ouro do Goberno de Estados Unidos no Instituto Nacional de Artes e Letras. De familia adiñeirada e de prestixio social, viaxa dende nena ao continente europeo de cuxa cultura namora. A súa obra publicada é moi ampla, fundamentalmente novela, relato, crónica periodística e mesmo libros de estilo e deseño de interiores. A súa vida e o seu ambiente social, cunha mirada irónica e crítica, quedan recollidos na súa obra cun mínimo uso da acción narrativa.

Otros libros del autor