Manüele é unha achega ó noso patrimonio musical. O froito do esforzo por manter a tradición como parte viva da nosa cultura e non como un elemento fósil a estudar. É, ó mesmo tempo, un manual didáctico e un estudo etnográfico.
O primeiro tomo, Serán, abrangue as zonas de Fornelos de Montes, Mondariz, Pazos de Borbén, Ponte Caldelas e O Covelo.