MARTIN EDEN

MARTIN EDEN

Editorial:
IRMÁS CARTONÉ
Año de edición:
Materia
CLÁSICA
ISBN:
978-84-948421-7-7
Páginas:
498
Encuadernación:
Rústica
Disponibilidad:
Disponible en 5 días

20,00 €

A novela de Jack London é a historia desa decisión —a de entender os libros— e do seu correlato novelesco: […] facerse un gusto para gustarlle a alguén.
— Constantino Bértolo —


Sobre a obra
Martin Eden é un rexo mariñeiro de San Francisco a quen o amor por unha moza burguesa e a súa ambición o levan a poñer todo o seu empeño en converterse en escritor. Pasando fame e quitándolle horas ao sono, Eden logra, en apenas un par de anos, compensar as carencias formativas das súas orixes obreiras e converterse nun autor recoñecido.
A miúdo mal interpretada como un eloxio do individualismo, Martin Eden é a novela máis autobiográfica de London, e cóntase entre os clásicos de cabeceira de moitos dos grandes autores da literatura anglófona.




Sobre o autor
De nome real John Griffith Chaney, Jack London naceu en San Francisco en 1876. De clase traballadora e formación autodidacta, como o protagonista da novela que presentamos, London exerceu toda clase de oficios antes de triunfar como escritor: foi mariñeiro, buscador de ouro e operario nunha conserveira ao tempo que trataba de estudar e formarse para facer carreira na literatura. Os seus esforzos comezaron a dar froito a partir de 1902, coa publicación de varios relatos en revistas literarias. A progresión profesional e vital de London foi, a partir de entón, moi semellante á de Martin Eden, tanto no relativo ao seu meteórico ascenso como á súa decepción co éxito.


Como o seu protagonista, London faleceu prematuramente en 1916, con só corenta anos, no que algunhas fontes consideraron un suicidio.




Non hai unha idea en Martin Eden sobre a que non teña unha convicción sólida, e moitas das miñas ideas formáronse baixo o estímulo directo desta novela.
— Susan Sontag —



















ISBN: 978-84-948421-7-7
PVP: 20 €
504 páxs.
128 x 198 mm.
Encadernación rústica cosida.
Tradución: Celia Recarey.
Ilustración de cuberta: Carlos Valdés.
Deseño e maquetación: Irmás Cartoné.


Otros libros del autor

  • DIARIOS DE SUPERVIVENCIA
    Titulo del libro
    DIARIOS DE SUPERVIVENCIA
    JACK LONDON
    SinopsisJack London trabajó como empleado de una fábrica, fue marinero, pirata de ostras y vagabundo (entre otras oc...
    RECÍBELO EN 72H

    24,00 €

  • LA LLAMADA DE LO SALVAJE
    Titulo del libro
    LA LLAMADA DE LO SALVAJE
    JACK LONDON
    Buck es un perro que lleva una buena vida en un rancho de California con su amo, el juez Miller, hasta que lo roban ...
    En espera de recibir

    18,00 €

  • COLMILLO BLANCO
    Titulo del libro
    COLMILLO BLANCO
    JACK LONDON
    Esta novela es casi la historia de una degradación. Rousseau decía del hombre que nace naturalmente bueno y se pervi...
    RECÍBELO EN 72H

    12,95 €

  • LA LLAMADA DE LA NATURALEZA BÂTARD EL LIBRO DE BOLSILLO BIBLIOTECAS DE AUTOR BIBLIOTECA LONDON
    Titulo del libro
    LA LLAMADA DE LA NATURALEZA BÂTARD EL LIBRO DE BOLSILLO BIBLIOTECAS DE AUTOR BIBLIOTECA LONDON
    JACK LONDON
    Si bien es cierto que a lo largo de su trayectoria literaria Jack London (1876-1916) trató una gran diversidad de te...
    RECÍBELO EN 72H

    11,95 €

  • LA FUERZA DE LOS FUERTES
    Titulo del libro
    LA FUERZA DE LOS FUERTES
    JACK LONDON
    Jack London nos conduce, a través de la memoria del viejo Barba-Larga, por siglos de evolución humana. La fuerza de ...
    RECÍBELO EN 72H

    15,00 €