MÉTODOS ESTATÍSTICOS E NUMÉRICOS

MÉTODOS ESTATÍSTICOS E NUMÉRICOS

Editorial:
BAIA
Año de edición:
Materia
MATEMÁTICAS
ISBN:
978-84-89803-31-2
Páginas:
288
Encuadernación:
Rústica
Disponibilidad:
Agotado

22,03 €

O DCB da materia "Métodos Estatísticos e Numéricos" estabelece seis bloques de contidos da mesma: "Probabilidade condicionada", "Mostraxe", "Estatística inferencial", "Series temporais", "Programación linear" e "Métodos numéricos". Neste libro refundíronse os bloques de "Mostraxe" e "Estatística inferencial" nun só, chamado "Inferencia estatística", debido a cuestións de organización dos contidos e ao feito do carácter indisociábel que teñen a mostraxe e a estimación. Ademais, o bloque de "Probabilidade condicionada" reforzouse cun tema inicial de probabilidade e outro de distribucións de probabilidade, aparte dos de probabilidade condicionada como tal e cadeas de Markov (fixados no DCB). Tras estes cambios os cinco bloques resultantes foron Probabilidade, Inferencia Estatística, Series Temporais, Programación Linear e Métodos Numéricos.

Cada bloque é abordado partindo dunha introdución histórica que sitúa os contidos no tempo en que foron aparecendo e resalta aqueles persoeiros que contribuíron a súa introdución ou expansión. Debido á extensión dalgún destes bloques, ou a diferenza de conceptos que abarcan, están tratados a súa vez, en diferentes unidades didácticas, facendo fincapé na resolución de problemas en detrimento de demostracións rigorosas dos resultados que se estudan.